26/10/09

XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 2009

Os pasados 23 e 24 de abril, tiveron lugar en Santiago de Compostela as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia 2009, no Palacio de Exposicións e Congresos de San Lázaro ás que asistiron varias profesoras do IES de Melide. Nelas contouse coa presenza de diversos ponentes , como Daniel Cassany da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, Luis Iza do Dpto de Educación da comunidade de Navarra, Guadalupe Jover, Tíscar Lara e Glória Durban. Asemade houbo unha mesa redonda con profesores de todos os niveis educativos, que falaron das súas experiencias cos clubes lectores, a HORA DE LER ( que poñeremos en marcha este curso no noso IES) e o proxecto lector do centro. Falouse, en definitiva do enorme e fulgurante cambio que se está a producir cos novos soportes de lectura, a internet, os e-books, as vantaxes e os perigos da rede....e a grande necesidade de ter un sentido crítico para se mover entre a superabundancia de información, que non sempre é fiable.
E moita ATENCIÓN aos perigos das redes sociais (facebook, tuenti etc.). PÉNSAO ANTES DE PUBLICAR.

1 comentario:

  1. pareceme unha iniciativa excelente que abrades os ollos aos usuarios das redes sociais sobre a publicacion dos seus datos persoais. Hai que andar con moito tino nestes tempos....Precaucion, por favor!

    ResponderEliminar