29/10/09

50 ANIVERSARIO DE ASTÉRIX E OBÉLIX

Este xoves 29 de outubro , os heroes máis famosos de toda a Galia ( e parte do Imperio Romano) cumpren medio século de vida, dende que apareceran por primeira vez na revista francesa Pilote. Un ano despois, sairía o primeiro album, Astérix e o galo, cos seus personaxes característicos: Obélix, Asurancetúrix e compañía, invencibles para os romanos, gracias á súa preciosa "poción máxica" do druida Panoramix.
Os autores deste fabuloso cómic son André Uderzo e René Goscinny (este último, o guionista , finado en 1977) . En todo este tempo as historietas foron traducidas a máis de cen idiomas e vendéronse máis de 325 millóns de exemplares. Tamén se fixeron películas animadas e adaptacións con actores como Roberto Begnini e Gerard Depardieu. Co gallo deste cumpreanos publicouse un novo album: O aniversario de Astérix e Obélix: o libro de ouro.
Hai 20 anos creouse un parque temático dedicado a eles ao noreste de París. Agora, co gallo das súas bodas de ouro, a capital francesa celebra as aventuras destes galos cun programa cultural onde os protagonistas galos son enviados a un viaxe por teatros e museos onde descobren os seus retratos. No museo medieval de Cluny, preto do Boulevard Saint Michel, poderánse ver uns 50 debuxos orixinais, manuscritos e obxectos relacionados co universo de Astérix e compañía. Estes pequenos galos que non temen a iminigo ningún, son, certamente, inmortais, coma os deuses . Persoas de todas as idades, aínda non esqueceron as súas enxeñosas aventuras, a súa camaradería, a súa cómica mestura entre o mundo actual e o romano do ano 50 a. C. Nunha viñeta de Astérix, non sobra nada: dende o primeiro até o último detalle están ao servizo da comicidade e mesmo da información da época na que se sitúan as historias. NON DEIXEDES DE LER OS COMICS DE ASTERIX E OBELIX , dos que temos abundantes fondos na nosa biblioteca. Se queredes ter unha información máis completa sobre personaxes e xogos , entrade no sitio web www.asterix.com/index.html.es . Non vos esquezades POR TUTATIS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario