01/04/09

Charla da Escola Permanente de Adultos. Centro Penitenciario de Teixeira


Hoxe, o noso antigo compañeiro Benito veu con dous dos seus novos alumnos a contarnos como é a vida no cárcere de Teixeiro, o seu novo lugar de traballo.
Aquí vos deixamos unha entrevista que lle fixeron dous dos seus ex alumnos, onde nos fala das súas experiencias neste centro de ensino tan distinto do noso:
1)Que cambios notaches dos institutos ó carcere?
2 )E mellor, peor ou o mesmo que esperabas?
3)Que opinas dos internos?
4)Podes describirnos a tua xornada laboral ?
5)Tiveches que solventar algun tipo de conflicto entre internos?
6) E o carcere realmente como nos cremos?
1) Cambios...eh...eh...todo! Non tiñamos de nada nun principio. refirome a materiais e recursos pero pouco a pouco imonos poñendo ao dia. Para empezar, estaba a feito a grandes Centros con moitos compañeiros e aqui somos doce. Ten as suas vantaxes a hora do traballo pero tamen os seus inconvintes a hora dos roces normais do dia a dia. A programacion non serve de nada xa que cada semana poden entrar novos alumnos e marchar calquera dos que tes na clase polo que tiven que argallar un xeito de ter unha clase aberta a que se poida incorporar calquera sen problemas e para que os permanezan non morran de aburrimento...non foi, non e, e non esta sendo doado.temos que pedir permiso para todo...dende deixar un CD a un alumno ata para usar o salon de actos e as veces tardan dias en contestar. Temos moitos mais homes que mulleres (porque os homes somos moito peores) e iso tamen e un gran cambio. As poucas que hai son o centro de atencion, como vos podedes imaxinar, e hai que loitar con eso tamen.Tampouco tivera que traballar con tanta mezcla de culturas, relixions e enfermidades. Ter de alumnos a persoas con dependencia a drogas fai que as clases sexan calquera cousa menos "normais". Vou parar aqui...senon non remato nunca.
2) A experiencia e mais ou menos como me esperaba. a verdade e que estou encantado. Boto de menos a compañeiros, alumn@s etc de antes pero necesito ter retos a nivel laboral e este esta cumprindo coas expectativas.
3) Entramos as nove. As clases son de 45 minutos coma en calquera outro centro de adultos. Aparco, e camiño durante uns 5 minutos (depende a axilidade que tenhan os funcionarios en abrilas portas) e atraveso 14 portas antes de chegar a sala de profesores. (pecho toda canta porta abro). Os alumnos de primeira hora sempre chegan algo tarde. As duas primeiras horas teño clase con un grupo de estranxeiros , a terceira segundo da ESO a cuarta cuarto da ESO e a quinta vou ao modulo terapeutico onde teño unha mezcla de niveis. Aos estranxeiros doulles clase de castelan e galego e aos outros ingles. Non todolos dias e exactamente asi pero mais ou menos.
4) Conflictos hainos todolos dias pero con man esquerda podense solventar. So un par de veces chegaron as mans pero algun compañeiro tivo que presenciar algunha escea un pouco mais violenta. Nada que non tenha remedio.
5) Non sei o que pensades que e o carcere realmente. Para min, a realidade supera a ficcion. Non e un hotel, nin un campamento de veran. E un lugar que precisa ser coñecido. Todo o mundo deberia pasar como minimo unha tarde para poder reflexionar sobre o tema da cadea. O que se inviste nos internos (educacion, sanidade, cursos...), non son cartos tirados e a unica forma de que cando saian tenhan un minimo de esperanza de sobrevivir.
Adolfo e Ariana (2ºBAC A)