
Seguro que a miúdo te preguntaches por unha boa libraría...menos común é preguntarse pola máis fermosa, ben, pois nós investigamos para ofrecervos un pequeno artigo sobre a libraría "
Lello & Irmao", en
Porto, según din, unha das máis famosas do mundo. O seu encanto non só reside na beleza da súa arquitectura, senon nunha particularidade que a fai única: que nas súas orixes foi contruída precisamente para ser iso, unha libraría, a diferenza de moitas outras que deixaron de ser pazos ou igrexas para ser dedicadas a esta función.

Foi fundada en 1869 co nome de
"Libraría Internacional de Ernesto Chardron" . Tras a inesperada morte do fundador ós 45 anos, vendeuse á firma
"Lugan & Genelioux Sucessores". Tras varios cambios de nomes e propietarios actualmente chámase
" Livraría Lello & Irmao". O edificio foi construido polo enxeñeiro
F.X.Esteves. O xornal inglés
The Guardian calificouna como a terceira máis fermosa libraría do mundo.
Esta pode ser unha das razóns polas cales as esceas de libraría de
Harry Potter se rodaron nela. En todo caso, é un edificio que paga a pena visitar
Enderezo: rúa dos Carmelitas, á beira do río Douro.
A maiores de disfrutar da súa beleza, podes mercar
LIBROS, eses amigos cos que trabamos unha especial relación ao longo da nosa vida.
(Doa Laya e Laura Sánchez, 4ºA) .
Ningún comentario:
Publicar un comentario