Neste día mundial do libro queremos amosar unhas reflexións do que, para persoas que se adican ao oficio de escribir, representa o feito da lectura, a existencia dos libros e a literatura.
En todas elas latexa a idea principal: libros e liberdade necesítanse mutuamente. De feito todos os réximes totalitarios teñen un denominador común : en todos eles hai listas de libros prohibidos. Isto é aínda hoxe unha realidade. Hai persoas condenadas por escribir determinada obra, por darlle publicidade a determinado autor.Mesmo en países que se consideran "democráticos"....
Lede e pensade:
“La palabra libro está muy cercana a la palabra libre; … lo cierto es que se complementan perfectamente; el libro es uno de los instrumentos creados por el hombre para hacernos libres. Libres de la ignorancia y de la ignominia, libres también de los demonios, de los tiranos, … de la trivialidad, de la pequeñez. El libro afirma la libertad, muestra opciones y caminos distintos, establece la individualidad, al mismo tiempo fortalece a la sociedad, y exalta la imaginación…. Si el hombre no hubiese creado la escritura no habríamos salido de las cavernas…. En fin, el libro es para nosotros un camino de salvación. Una sociedad que no lee es una sociedad ciega, sorda y muda”.
(Sergio Pitol)
“A creación dunha obra de arte é o que nos distingue das demais criaturas que habitan neste planeta, e o que nos define, no esencial, como seres humanos. Facer algo por puro pracer, polo goce de facelo....A novela é unha colaboración a partes iguais, entre o escritor e o lector, e constitúe o único lugar do mundo onde dous estranos poden atoparse en condición de absoluta intimidade. Levo toda a vida a establecer conversa con xente que nunca vin, con persoas que xamais hei de coñecer”
(Paul Auster)
“A poesía é unha loita contra o mal de ollo que proporciona información esencial sobre a condición humana”
“O libro é a célula nai da liberdade"
(Manuel Rivas)
Tedes un agasallo e unha encomenda na Ponte Vella. Saúdos
ResponderEliminarMoitas grazas polo agasallo, pero non podemos velo porque, ou non puxestes ben o enlace ou non tedes o voso perfil compartido.
ResponderEliminarTemos dous agasallos para vos en Silleda.
ResponderEliminarAbraiados estamos con tanto premio, moitas grazas. Prometemos facer os deberes en breve.
ResponderEliminar