08/05/09

OUTRAS CULTURAS: TAN LONXE, TAN PERTO

Dende a biblioteca do IES Melide queremos afrontar un novo reto: coñecer outras culturas, precisamente porque no noso centro hai cada vez máis nenas e nenos que proceden doutros países e culturas. Por iso organizaremos diferentes actividades que nos leven a coñecer cada vez máis esas sociedades, e, de paso, as valoremos como debemos. O vindeiro mércores 13 de maio virán visitarnos a xente da ONG GAIA Ecodesarrollo, da Coruña. O seu labor fundamental céntrase en dar cobertura, axuda, formación, e moitísimas cousas máis a persoas que chegan a España doutros países. Vannos visitar Guillermo, o seu director (mestre de formación) e máis un compañeiro que chegou ao noso país, dende África, nunhas condicións persoais moi, moi duras. A actividade estará dirixida ao alumnado de 1º de ESO, e se queredes botarlle un ollo ao blog da ONG, podédelo facer picando aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario