29/10/24
Contacontos de Samaín
28/10/24
Debuxa o samaín
No IES de Melide non nos faltan as persoas dotadas cun extraordinario talento para o debuxo e a pintura, e non puidemos evitar tirar proveito.
Nesta ocasión, escollimos un conto de Paula Carballeira, recollido no seu libro 13 avisos. Durante a lectura do relato, a rapazada ía debuxando aquilo que máis a inspiraba. Quedaron estampas ben xeitosas! Cal vos gusta máis a vós?
21/10/24
O samaín chegou!
Non sabemos se o Samaín é moda ou tradición, se é galego ou estranxeiro, se nos dá medo ou risa... pero que ben o pasamos preparando esta data! A literatura está chea de referencias a
este momento do ano e nós quixemos traelo á Biblio. Prepárate porque estes días hai sorpresas detrás das portas!
Comezamos cun obradoiro de Hamma Beads de terror, para decorar a biblio e inspirar un pouco terros entre os que nos visita.
Estas figuriñas fanse xuntando pequenas doas de goma colacados seguindo un patrón xeométrico que, tras derreterse con calor, deixan ver unha figura ben orixinal. Cal vos gusta máis?Ademais, os nosos voluntarios e voluntarias máis creativas deixaron a Biblioteca a cargo de Jack Skellington e da Noiva Cadáver. Parecen talmente saídiños da película.
Non faltaron as tumbas, as pantasmas e as cabazas, que ambientaron o espazo para estas datas.
18/10/24
Día das escritoras
Cada 15 de outurbro celebramos, desde xa fai case 10 anos, o Día das Escritoras. Elas non o tiveron doado. Moitas non podía publicar os seus libros, outras facíanos con psudónimos e outras estaban condenadas ao escarnio público por atreverse a facer algo reservado para eles. Por iso as celebramos a elas, ás que alzaron a voz para que hoxe nós esteamos onde estamos.
Fixemos unha xincana para poidades coñecer a cada unha das escritoras que fixeron e fan historia e ademais, tivémolas na Biblio, poderedes recoñecelas?
Todo isto foi posible grazas á colaboración da Asemblea Feminista Estela Lila do IES de Melide!
01/10/24
Papalibros miúdos!
Co inicio do curso, o Club de Lectura inicia unha nova andaina e as portas están abertas para quen lle guste a lectura e tamén para quen lle guste pero aínda non o sabe!
Podedes anotarvos no club de lectura dos Papalibros, na modalidade que vos corresponda, e animarvos así a facer actividades diferentes, como xogos, contacontos, merendas literarias, proxeccións de cine... e todo o que se vos ocorra.
A lectura é unha boa forma de compatir experiencias cos teus compañeiros e compañeiras!
30/09/24
Voluntariado Biblioteca Escolar
Este curso, como cada ano, poder formar parte da Biblio do centro. Como?
Únete como volutarix. Poderás axudar no préstamo de libros, colocación dos fondos, asesoramento a outrxs usuarixs, decoración...
20/06/24
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
QUERES RECOMENDACIÓNS
PARA O VERÁN?
1º CICLO ESO
Cuando brillan las estrellas, cómic, VICTORIA JAMIESON e OMAR MOHAMED ( esperanza, anguria e humor nunha historia de refuxiados)
Adeline, MARÍA SOLAR ( homenaxe a Camille(a primeira vampira, antes ca Drácula)
Un lobo dentro , PEDRO MAÑAS ( una historia de acoso que cambia o punto de vista)
Basta! ,MARÍA KRONSKY ( Guía de autodefensa para adolescentes)
2º CICLO ESO e BACHARELATO
El abismo del olvido, PACO ROCA ( a xustiza e a memoria histórica)
Run Baby Run, teatro, FÁTIMA DELGADO ( a discriminación no deporte)
En camino, cómic , JOSÉ ÁNGEL ARES e PACO FERNÁNDEZ( un debuxante de cómic no Camiño de Santiago)
As alumnas, teatro, PAULA CARBALLEIRA (homenaxe á escola laica )
05/06/24
CÓNTAME UN MITO (3)
LETRAS GALEGAS
Na Semana das Letras Galegas homenaxeamos a Luísa Villalta cun concurso de fotopoemas a partir de distintos versos da Antoloxía poética Pensar é escuro da autoría de Armando Requeixo.
O traballo foto-poético quedou exposto no taboleiro situado fronte á biblioteca.
O departamento de Música, coa profesora Belén Fernández, colaborou activamente nesta efeméride ampliando o material de xogos da biblio cofeccionando unha baralla de cartas coa temática da autora.
29/04/24
VISITA DE IRIA ALDEGUNDE
TALLER DE PAPIROFLEXIA
Cando tocou o timbre, así de rápido, quen quixo puido acudir á aula moi ben acompañd@: cun libro e unha flor.
TERTULIA LITERARIA
"Unha viaxe a través da literatura" é a frase que serviu de título para establecérmonos de novo coa radio na biblio e camiñar cun grupo de alumnado que ten neste asunto moito que dicir.
A nosa compañeira Paloma, de Lingua Castelá, conduciu unha conversa amena con alumn@s de Colombia, Venezuela, Marrocos para achegármonos á súa andaina lectora dentro e fóra das nosas fronteiras.

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)








.jpg)




.jpg)