14/11/25

A dama do monte

Xa temos clara gañadora do concurso de cabazas de Samaín! Creo que, vendo o vídeo, podedes adiviñar quen foi a gañadora, xa que, aínda que todas eran moi axeitadas para estas datas, hai unha que destaca pola súa orixinalidade e autenticidade!

Parabéns, Sabela, pola túa cabaza, e grazas por participar e agasallarnos coa túa arte!




Obradoiro con Hama Beads

 A creatividade é un piar da nosa Biblio. Por iso, e aínda que pareza unha cousa ben sinxela, esta semana gozamos das creacións con Hama Beads, unhas perliñas que coas que, a través de patróns, se poden crear unhas figuriñas ben fermosas.

Moitos e moitas dos nosos artistas crearon o seu patrón dende cero! 

Ademais, podemos dicir que é algo que relaxa moito a mente de podemos descansar a cabeza despois dunha xornada intensa!