29/10/24

Contacontos de Samaín

A literatura popular galega está chea de contos. Desfrutamos un mundo dos relatos ao pé do lume, arredor da lareira ou detrás da cociña, nesas noites que parecen non ter fin e que nos deixan arrepíos pero que non podemos parar de escoitar.
É por iso que nos puxemos a contar na Biblio. É ben certo que non temos a compaña do lume, pero estas historias da Santa Compaña, os trasnos ou do o pobre do Bieito no cadaleito camiño ao camposanto parécennos unha delicia.







28/10/24

Debuxa o samaín

 No IES de Melide non nos faltan as persoas dotadas cun extraordinario talento para o debuxo e a pintura, e non puidemos evitar tirar proveito. 

Nesta ocasión, escollimos un conto de Paula Carballeira, recollido no seu libro 13 avisos. Durante a lectura do relato, a rapazada ía debuxando aquilo que máis a inspiraba. Quedaron estampas ben xeitosas! Cal vos gusta máis a vós?








21/10/24

O samaín chegou!

 Non sabemos se o Samaín é moda ou tradición, se é galego ou estranxeiro, se nos dá medo ou risa... pero que ben o pasamos preparando esta data! A literatura está chea de referencias a





este momento do ano e nós quixemos traelo á Biblio. Prepárate porque estes días hai sorpresas detrás das portas!

Comezamos cun obradoiro de Hamma Beads de terror, para decorar a biblio e inspirar un pouco terros entre os que nos visita.

Estas figuriñas fanse xuntando pequenas doas de goma colacados seguindo un patrón xeométrico que, tras derreterse con calor, deixan ver unha figura ben orixinal. Cal vos gusta máis?

Ademais, os nosos voluntarios e voluntarias máis creativas deixaron a Biblioteca a cargo de Jack Skellington e da Noiva Cadáver. Parecen talmente saídiños da película.

Non faltaron as tumbas, as pantasmas e as cabazas, que ambientaron o espazo para estas datas.



01/10/24

Papalibros miúdos!

 Co inicio do curso, o Club de Lectura inicia unha nova andaina e as portas están abertas para quen lle guste a lectura e tamén para quen lle guste pero aínda non o sabe!

Podedes anotarvos no club de lectura dos Papalibros, na modalidade que vos corresponda, e animarvos así a facer actividades diferentes, como xogos, contacontos, merendas literarias, proxeccións de cine... e todo o que se vos ocorra.

 A lectura é unha boa forma de compatir experiencias cos teus compañeiros e compañeiras!