20/06/24

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

                
QUERES RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN?


1º CICLO  ESO 








Cuando brillan las estrellas, cómic, VICTORIA JAMIESON e OMAR MOHAMED ( esperanza, anguria e humor nunha historia de refuxiados)

Adeline, MARÍA SOLAR ( homenaxe a Camille(a primeira vampira, antes ca Drácula)

Un lobo dentro , PEDRO MAÑAS ( una historia de acoso que cambia o punto de vista)

Basta! ,MARÍA KRONSKY ( Guía de autodefensa para adolescentes)



2º CICLO ESO e  BACHARELATO










El abismo del olvido, PACO ROCA ( a xustiza e a memoria histórica)

Run Baby Run, teatro, FÁTIMA DELGADO ( a discriminación no deporte)

En camino, cómic , JOSÉ ÁNGEL ARES e PACO FERNÁNDEZ( un debuxante de cómic no Camiño de Santiago)

As alumnas, teatro, PAULA CARBALLEIRA  (homenaxe á escola laica )

05/06/24

CÓNTAME UN MITO (3)


 O MITO DE EURÍDICE
Foi hoxe mesmo no recreo  cando  alumnado de 4º de Afondamento recreou  o mito de Eurídice:  comprobamos como o canto de Orfeo tiña o poder de enfeitizar a deuses e  humanos igual que á propia natureza. Foi a música a que conseguiu namorar a Eurídice  e esa historia de amor inspirou a músicos, pintores, escultores e poetas.


                 

. E  a  nós deixounos a todos/todas abraiados/as.

LETRAS GALEGAS



 

 Na Semana das Letras Galegas homenaxeamos a Luísa Villalta cun concurso de fotopoemas a partir de distintos versos  da Antoloxía   poética  Pensar é escuro  da autoría de  Armando Requeixo.



 O traballo  foto-poético quedou exposto no taboleiro  situado fronte á biblioteca.





O departamento de Música, coa profesora Belén Fernández, colaborou activamente nesta efeméride ampliando o material de xogos da biblio  cofeccionando unha baralla de cartas coa  temática da autora.




A xogar!!!!


29/04/24

VISITA DE IRIA ALDEGUNDE

 Para clausurar a Semana do Libro recibimos a Iria Aldegunde, historietista galega e autora da novela gráfica "Memorias dun neno labrego"
 
 
 


 
 
Iria chegou coma un melindre para adozarnos a tarde nun Papalibros Adulto, para dicirnos que  se unha rapaza así tan nova coma ela  conecta  tan ben con esta novela é porque aborda cuestións universais:  a soidade, a pobreza, a inxustiza...,  que poden afectar á infancia nun mundo de "grandes" que pode resultar hostil.
 
 


A artista  sentou á mesa  coma o mesmiño arco da vella e deixounos un Balbino, ao que habemos darlle calor na nosa biblio.
  

TALLER DE PAPIROFLEXIA

 
 
 
 
 

 
A nosa compañeira Sara foi a encargada de amenizar varios  recreos desta Semana do Libro con fantasía de papel
 

 
 



Cando tocou o timbre, así de rápido,  quen quixo puido  acudir á aula moi ben acompañd@: cun libro e unha flor. 
 
Arte-sa, na nosa biblio 





TERTULIA LITERARIA

 "Unha viaxe a través da literatura" é a frase que serviu de título para establecérmonos de novo coa radio na biblio e camiñar cun grupo de alumnado que ten neste asunto moito que dicir.



 A nosa compañeira Paloma, de Lingua Castelá,  conduciu unha  conversa amena con alumn@s de Colombia, Venezuela, Marrocos para achegármonos  á  súa andaina  lectora dentro e fóra das nosas fronteiras.

                                    





SEMANA DO LIBRO

A Semana do Libro comezou traendo a radio á biblio.  O 22 de abril, en vésperas do Día do Libro, a  nosa compañeira de Lingua Galega, Pilar Lado, entrevistou a Moisés Barcia, tradutor e membro de Rinoceronte Editora, a primeira editorial especializada na publicación de obras traducidas ao galego.





Moisés  aclarounos que iso de traducir é coma encher gavetas de matices e cores dunha lingua para outra e que a mellor tradución é sempre a que  mostra máis fidelidade coa obra orixinal.
 

VISITA DE EMILIO DEL RÍO


    Emilio del Río, escritor, profesor da Universidade Complutense de Madrid e activista polas humanidades clásicas, veu amenizarnos o recreo á nosa biblio. 
A  súa presentación correu a cargo dunha magnífica mestra  mestra de cerimonias  Icía Carregal, ex-alumna do centro. 





    


 Este magnífico comunicador  deixou constancia de que o mundo clásico anda a diario entre nós, que cada día da semana recrea un mito ... 




... e que a súa  dozura  deixounos sendo " Amigos para siempre", como dirían Los Manolos.


02/04/24

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

                              O día 21 de marzo celebrouse  o Día da Poesía.
 
 

 No expositor da biblio deixáronse algunhas das últimas novidades poéticas  así como o programa de actividades para conmemorar esta data.



O departamento de Lingua Castelá e Literatura organizou o primeiro concurso de videopoemas e foi todo un éxito!!



Outra das actividades realizadas consistiu nunha tarefa interdisciplinar entre os departamentos de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Educación Plástica, Visual e Audiovisual. A rapazada converteuse por un día en pintoras e pintores creando un mural de debuxos que representaban cadanseu poema.




        

                                                                                         
                   
  


Ademais confeccionouse un tendal de "poemas para levar" e tod@s marchamos  ás   aulas colgad@s nun verso.

 Tamén se organizou un recital  poético  en diferentes linguas como en francés: 

 


 

 

 ...e en portugués:







Ademais, desde o Departamento de Matemáticas levouse a cabo un pyema: unha oda ó número PI. 


 




Marabilloso escoitar!!!









01/04/24

8M, DÍA DA MULLER

 Esta data fíxose visible desde os corredores do centro  coa exposición de cartaces relativos a mulleres que fixeron camiño.

Ademais, o  Departamento de Música elaborou unha listaxe de mulleres galegas especialistas no oficio: compositoras, músicas de diferentes estilos...

 


O noso equipo de " Tecendo historias" contou para esta data  con dúas avoas tecelás, que nos deixaron abraiados/as coa súa destreza no manexo do  gancho e das agullas. Que grandes mestras!




Por outra banda, este curso, dende a biblioteca, reivindicouse  a figura de Irene a Porteira, a través dunha unidade didáctica  baseada no cómic de Xulia Pisón,  enviada  ao profesorado, para que puidese traballar nas aulas.

                                             IRENE, A PORTEIRA | XULIA PISON | Casa del Libro

Finalmente e, como non, tamén a biblio foi o lugar de encontro do equipo " Estela lila" que se creou este curso e  arrancou  con brío para dar visibiliade a  todos os colectivos sociais desfavorecidos. Comezouse  coa lectura dun manifesto 


                             


Arriba, no segundo andar da nosa biblio, un grupo de profesoras  fixeron  unha pequena homenaxe a "Las Sinsombrero", mulleres artistas ( escritoras, pintoras, actrices...) correspondentes á Xeración do 27, que mostraron a súa rebeldía ao prescindir do sombreiro, atavío feminino normativo  na sociedade da época. Mulleres para quitar o sombreiro.


 
 
 
 
                        

E á  beira da porta da biblio   instalouse un mercado solidario de   mulleres wanawake, de África subsahariana, que loitan entre outros dereitos pola abolición da mutilación xenital feminina.