O mércores, 27 de maio, estivo connosco o autor inglés de raíces punxabis Bali Rai, dándonos unha conferencia sobre o seu libro Un casoiro ben mal amañado, obra que está tendo moito éxito no Reino Unido e que non está traducido a ningunha lingua da Península agás ao galego.
Cando estivo aquí, pediunos desculpas pois el fala inglés e non entende o español nin o galego, pero tivo unha cordial frase de "bos días". Por iso estivo acompañado polo tradutor Ramón Porto, un mozo melidán que fixo a estupenda tradución da obra ao galego e que tamén traducía o que o autor nos ía contando.
O autor estab a dar conferencias por outros sitios de Galicia e contounos anécdotas que lle pasaron.
O libro Un casoiro ben mal amañado é en parte autobiográfico e cóntanos ademais cousas que lles pasaron a persoas próximas a el. Este libro reflectía dalgunha maneira o que a día de hoxe el chegou a ser, un home libre e estudado.
Tamén nos estivo a dicir que se sentía un inglés de pés a cabeza. Estívonos falando un pouquiño de onde el era (Reino Unido) e da cantidade de razas distintas que alí convivían, e, por suposto, preguntámoslle se prefería que gañase o Barça ou o Manchester, e díxonos que é do Liverpool dende os tres anos.
Despois de falarnos sobre o libro e sobre o Reino Unido, nós fixémoslle preguntas, e ao final el tivo a amabilidade de botarlle un garabato aos nosos libros.
Mereceu moito a pena que viñese, pois, ao coñecelo, o libro faise máis interesante, xa que é en parte autobiográfico.
Anímovos a todos/as a que o leades. Hai exemplares na biblioteca do centro.
Bicos
Edurne (B1B)
Ningún comentario:
Publicar un comentario