13/05/09

17 DE MAIO. RAMÓN PIÑEIRO


Este ano o Día das Letras Galegas adícase á figura de Ramón Piñeiro (Láncara, 1915-Santiago de Compostela, 1990) , escritor, editor, político e intelectual galego.
Como político, foi unha figura histórica do galeguismo duante o S.XX, sufrindo penas de cárcere entre 1946 e 1949. Como intelectual, fundou e dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial
Políticamente, ademais de fundar as Mocidades galeguistas na provincia de Lugo (colaborando na comisión que preparou o referéndum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia en 1936), foi membro do Partido Galeguista e, máis tarde, xa durante a España democrática, foi tamén deputado independente do Parlamento de Galicia . A filosofía e a língüística ocuparon espazos importantes da súa vida. Se queres saber máis cousas sobre a figura de Ramón Piñeiro pica nesta ligazón : http://www.seminariogalan.org/

Ningún comentario:

Publicar un comentario