Hoxe conmemoramos o Día da Ciencia en Galego con un cinefórum na biblioteca. A película escollida foi A Orixe do Planeta dos Simios.
Esta película é a precuela do Planeta dos Simios, do ano 68. Nela, un científico traballa nunha cura para o Alzheimer que está sendo probada en monos. Unha destas criaturas é César, cuxa intelixencia evoluciona de forma rápida e ao que o protagonista da historia leva ao seu fogar para protexelo da crueldade dalgún dos seus compañeiros. Pero algo sae mal.
A visión destas imaxes serve para facernos reflexionar sobre os riscos da enxeñería xenética, sobre a utilización dos animais para a experimentación, sobre o papel das farmacéuticas na nosa sociedade e, en definitiva, sobre a ética na ciencia.
Título: A Orixe do Planeta dos Simios
Título Orixinal: Rise of the Planet of the Apes
Xénero: Aventuras, Ciencia Ficción
Nacionalidade: USA
Ano: 2011
Director: Rupert Wyatt
Guión: Amanda Silver, Rick Jaffa
Reparto: James Franco, John Lithgow, Freida Pinto, Andy Serkis, Brian Cox, Tom Felton, David Oyelowo
Penso que non se deben maltratar os simios,porque se alguén máis forte ca nós tivese a nosa intelixencia,gobernaría o mundo. Esta película,quérenos dicir que non podemos abusar dos animais.
ResponderEliminarEl origen del planeta de los simios é unha película bastante boa que me gustou moito. Trata dun mono intelixente que consegue que máis monos sexan listos e que rescaten a tódolos chimpancés torturados nos laboratorios de cura do Alzheimer.
ResponderEliminarMarco.
A película gustoume porque era moi entretida e tiña moita acción,e aprendín que se os animais tivesen tanta capacidade de pensar coma nós gobernarían eles.
ResponderEliminarO que máis me impactou foi cando César lle colocou ben o garfo ó señor que tiña Alzheimer. O que máis me gustou foi cando César dixo as súas primeiras palabras. Non me pareceu ben que César lle arrincase un dedo ó veciño.
ResponderEliminarVerónica
1º
Penso que a película está moi ben ,pero non me gusta cando maltratan os animais.O momento que máis me gusta da película é cando César vai á súa casa, colle os botes e bótaos polas gaiolas para que sexan listos ,e cando xa son listos rompen toda a cidade e se apoderan dela.
ResponderEliminarAna
1º ESO