O venres 28 de outubro, cando entramos pola mañá no instituto sucederon cousas fóra do normal. Era aínda noite e as luces non estaban acesas, cando oímos uns ruídos estraños: apareceron auténticas pantasmas e a entrada do instituto era un lugar tétrico, iluminado por candelabros cheos de telarañas. Algúns asustáronse de verdade, pero foilles pasando o medo cando descubriron a Ramiro, o vicedirector debaixo dunha saba.
Un grupiño de rapaces de 1º de ESO C tamén quixemos celebrar o Samaín ao noso xeito, reunímonos na biblioteca para ler. Pero a nosa lectura foi diferente á de outras veces. Para ambientarnos mellor apagamos todas as luces, baixamos as persianas e acendemos as velas dun deses magníficos candelabros que estaban no corredor do instituto. Escollemos un par de relatos: Napoleón y el espectro de Charlotte Brontë e un fragmento do Drácula de Bram Stoker. Despois vimos o comezo da película Drácula, de Bram Stoker de F. Coppola e quedáronnos ganas de seguir véndoa outro día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario