09/04/10

NON PODEMOS PERMITIR QUE SE REPITA


Esta Semana Santa tivo lugar un fatídico suceso, no que unha rapaza de 13 anos foi asasinada por unha compañeira do instituto de 14 anos.
Nós, como persoas, necesitamos vivir en sociedade para sobrevivir, para comunicarnos e para ampliar as nosas posibilidades, e, por suposto, para acadar a felicidade.
Na nosa sociedade existen multitude de problemas e conflitos, que poden afectar a dúas persoas, ou a varias nacións. Para resolvelos hai que acadar unha solución xusta (que pasa, sobre todo, por poñerse no lugar do outro). Débense ter en conta, ademais, as razóns de todos, valoralas con imparcialidade, e pór fin a estes problemas, sen romper as normas de convivencia. Desgrazadamente, este conflito acabou coa morte da rapaza de trece anos, coa vida da asasina destrozada, e dúas familias abatidas polo suceso. Por se fora pouco, os amigos das menores quedaron entristecidos e queren enfrontarse. Isto aféctanos directamente a nós, xa que teñen a nosa mesma idade, e isto ensínanos a non nos deixar levar pola furia, xa que se pode acabar moi mal. Por outra parte, no que case todos estamos dacordo, é que os compañeiros, sabedores da situación, puideron tomar algunha medida para evitar este suceso. Porque, tal e como di Gandhi, "o máis atroz das cousas malas da xente mala é o silencio da xente boa". Quizá todos, como alumnos/as e compañeiros/as que somos, deberiamos reflexionar acerca disto.
Redactado por Adrián Carril, a partir da posta en común das/os alumnos/as de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos de 2º de ESO.

18 comentarios:

  1. É imprescindible unha reflexión seria sobre o que está a pasar nos centros educativos no relativo á agresividade entre compañeiros. Noraboa a estes alumnos de Educación ETICO-CIVICA, que son quen de pensar e preocuparse por un tema tan grave coma este

    ResponderEliminar
  2. Anton28/4/10

    eu creo que a xente esta mal da cabeza porque o que fixeron(pelearse por un rapaz)e moi desagradable porque eu creo que existen mais rapaces neste mundo

    ResponderEliminar
  3. Segio y Raul28/4/10

    este acontecemento hai que solucionalo sin chegar a ese puntos de matar a alguen .e tampouco pelearse por un rapaz

    ResponderEliminar
  4. esto non esta ben

    ResponderEliminar
  5. A min pareceme que temos que reflexionar,e pareceme moi triste que os amigos da rapaza falecida se enfronten por este suceso

    ResponderEliminar
  6. Eu creo que os amigos da asesina e da victima non tiñan que facer nada para non acabar eles na mesma situación o unico avisar os profesores e os pais de ambas as duas rapazas.Por outra parte creo que a victima foi un pouco irresponsable por acudir a cita coa asesina sen dicirlle nada a ninguen.

    ResponderEliminar
  7. Fany e Fatima28/4/10

    EU CREO QUE ESA RAPAZA NON PENSOU NAS CONSECUENCIAS QUE LLE IBA TRAER.DAME MOITA MÁGOA SABER QUE UNHA RAPAZA DE 14 ANOS SE ATREVERA A ASASINAR A SUA AMIGA.E POR RIBA FOI UNHA TONTERIA,AS COUSAS ARRÁNXANSE FALANDO.

    ResponderEliminar
  8. sainza28/4/10

    Eu penso que esa rapaza cometeu o maior erro da súa vida . E con asasinar a súa compañeira non solucionou nada . Ao contrario provocou a mala convivencia cos compañeiros da rapaza asasinada e cos seus tamén .

    ResponderEliminar
  9. hayyyyyyyyyyyyyyyyy deus meu que desgraca no mo podo crer

    ResponderEliminar
  10. A min pareceme que debemos reflexionar..eso eu non o faria porque eso e un erro moi malo..

    ResponderEliminar
  11. Tomás e Iván28/4/10

    Nós pensamos que a agresividade entre compañeiros esta moi mal , por iso debrian facer unha seria reflexion sobre o tema.

    ResponderEliminar
  12. Tania28/4/10

    Eu creo que eso non está ben porque pelearse por un rapaz, eso é unha tonteria. Eso arreglabase falando.

    ResponderEliminar
  13. José28/4/10

    Eu penso que deberiase facer unha gran reflexión sobre o tema da agresividade entre compañeiros porque está moi mal ter un conflito con un compañeiro

    ResponderEliminar
  14. Jorge e Rubén28/4/10

    Hai mais rapaces no mundo.E por iso esta mal matar a outra rapaza por un rapaz.

    ResponderEliminar
  15. Eva y Tania28/4/10

    Non sei como a rapaza foi capaz de cometer ese asesinato porque por máis furiaso que estas con un compañeiro non se pode chegar a ese extremo porque se cada un fixesemos esto seriamos todos uns asesinos e os nosos descendentes vivirian nunha sociedade moi violenta na que nadie se levaria ben.

    ResponderEliminar
  16. ho dios eu tras unha profunda meditacion digo que e un acto dantesco e que merece o mayor dos castigos diooos

    ResponderEliminar
  17. FANY E FATIMA28/4/10

    PENSAMOS QUE POR MOITA FURIA QUE TEÑA NON AI QUE CHEGAR A MATAR A NINGUEN.E QUE LLE FASTIDIAS A VIDA A MOITAS PERSOAS TANTO FAMILIARES COMO AMIGOS.

    ResponderEliminar
  18. Anónimo28/4/10

    animo barçaaa...!!!

    ResponderEliminar