20/04/10

ENCONTROS DO PLAMBE 2009-2010 E ANO DO LIBRO E DA LECTURA EN GALICIA

Os pasados días 15 e 16 de abril tiveron lugar en Santiago de Compostela, no I.P. de Conxo , os Encontros anuais das bibliotecas galegas pertencentes ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (P.L.A.M.B.E.), nos que o noso instituto participa desde hai dous cursos. Con este plan preténdese que as bibliotecas dos distintos centros educativos sexan vistas, non coma un almacén de libros, senon coma un centro de recursos efectivos para a aprendizaxe de todas as materias (ciencias ou letras). Ler, saber o que se le ( o que se chama "lectura comprensiva"), saber variar lecturas de ficción e de libros informativos (historia, ciencias, matemáticas...) son algúns dos obxectivos máis importantes que se tentan acadar neste tipo de Xornadas.
O IES de Melide participou o día 16, onde se tivo ocasión de escoitar unha conferencia de Manuel Area, catedrático de Didáctica da universidade de La Laguna ( Canarias), as experiencias dunha profesora de Avilés (Asturias), Puerto Menéndez, a presentación dun portal en internet adicado á promoción da lectura, http://leer.es/, e a conferencia final a cargo de
Roser Lozano da universidade Rovira i Virgili de Tarragona, sobre lectura e aprendizaxe.
Tamén houbo un tempo de intercambio de experiencias entre os responsables das bibliotecas de distintas zonas.
A lectura para a aprendizaxe, a educación de competencias básicas como o "tratamento da información e competencia dixital", a presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital, foron outros dos contidos que tamén se trataron.
Rematamos cunha intervención de Juan Mata, ponente e profesor de Didáctica ,no que reivindica o valor da palabra, en todos os seus sentidos e matices:
"Somos seres dotados para a linguaxe e grazas a ela e con ela construímos o que somos. Temos por iso, unha inesgotable confianza nas palabras, no seu poder para argumentar e emocionar, para persuadir e civilizar....." Ogallá que todos sexamos consecuentes con este discurso.
(Texto íntegro en , Juan_Mata_diadolibro2010.pdf )

1 comentario:

  1. rocio 2ºD28/4/10

    Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar