09/02/10

O LONGO CAMIÑO CARA Á LIBERDADE


Este é o título da autobiografía de Nelson Mandela, no que narra, por primeira vez, a súa extraordinaria vida, unha vida adicada á loita contra a opresión racial en Sudáfrica. Esta loita fixo de el acreedor ao Premio Nobel da Paz e alzouno á presidencia do seu país.
Neste libro relata os seus primeiros anos de miseria como estudiante e pasante en Johannesburgo, o lento espertar da súa conciencia política, o conflito que supón reconciliar a actividade política e o amor pola súa familia, a anguriosa ruptura do seu primer matrimonio e a dolorosa separación dos seus fillos. Tamén narra as súas espectaculares actividades como dirixente na clandestinidade e o famoso Xuízo de Rivonia de 1964, no que foi condeado a cadea perpetua; os vintesete anos pasados en prisión; as complexas e delicadas negociacións que conduciron, tanto á súa liberación como ao principio do fin do apartheid. Tamén nos ofrece unha narración dende dentro dos inesquecibles sucesos acontecidos dende o momento da súa excarcelación ata a instauración definitiva en Sudáfrica dunha democracia multirracial.
Se che gustou O factor humano, non podes deixar de ler este emocionante libro. Posiblemente desexarás lelo outra vez.

3 comentarios:

  1. Anónimo11/2/10

    Sabedes que hoxe, 11 de Febreiro de 2010, celébrase o 20 aniversario da saída de prisión de Nelson Mandela?

    ResponderEliminar
  2. Anónimo12/2/10

    Non o sabía, pero certamente é unha data para lembrar. A súa vida ben merece unha película como Invictus. O cine -testemuña nunca está de máis , especialmente nestes tempos....

    ResponderEliminar
  3. Anónimo16/2/10

    Yo leí el libro. Lo que más me sorprendió es que a
    pesar de todo, no muestra ni el más mínimo rencor
    hacia los blancos. Siempre tuvo claro que buscaba
    una Sudáfrica en la que cupieran todos. Siempre buscó
    reconciliación, no venganza.

    ResponderEliminar