O pasado mércores 25 fixemos un percorrido pola historia do cómic na nosa biblioteca da man de José Barreiro, libreiro especializado e gran lector de banda deseñada.
Falóusenos un pouco da historia do cómic, que tería os seus antecedentes máis remotos nas pinturas rupestres, atendendo á necesidade do home de contar historias con imaxes dende os tempos maís antigos. A comezos do s. XX xurde a tira cómica e ao longo deste século a banda deseñada consolídase como xénero artístico. Tes máis información sobre o contido desta charla en Papalibros, o blog do Club de Lectura.
Moitos dos libros que se mencionaron nesta charla forman parte da nosa biblioteca, mencinamos aquí algúns títulos adquiridos por si vos animades a lelos: Historias de Color Tierra, Watchmen de A. Moore, El invierno del dibujante de Paco Roca, El Paréntesis de E. Durand, Contrato con Dios de W. Eisner, Blankets de C. Thompson, Una historia popular del Imperio Americano de H. Zinn, El héroe de David Rubín, La Ilíada, Un zoo en invierno de Taniguchi, Ana Frank. La biografía gráfica, Sky Hawk de Taniguchi, El local de Gipi... anímate a visitar a nosa exposición, seguro que atopas algo que te enganche.
21/05/11
MAKINARIA
Estes coches representan, segundo Carlos Negro, o número de mozos e mozas menores de 30 anos que morren todos os anos en accidentes de tráfico, tema do que trata a súa obra Makinaria.
Durante unha hora, Carlos Negro estivo recitando poemas da súa obra ao alumnado de Bacharelato e PDC do IES de Melide. O poeta, coma sempre, conseguiu emocionar o auditorio.
Finalmente, despois de lernos un conto, agasallounos con poemas de amor para un sms.
18/05/11
LOIS PEREIRO
Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Lois Pereiro. O alumnado do IES, ademais de facer un tríptico dedicado a el, realizou un pequeno mural con imaxes e poemas e unha montaxe a partir do guión de televisión "Que é Galicia?", escrito por Lois Pereiro e emitido pola TVG o 25 de xullo de 1988.
Outro poema de amor
El xa non sintía nada alí deitado
e ela tampouco ó velo.
Preguntouse se o amara algunha vez
mentres vía o seu sangue a caer na alfombra
que ela, sempre ela, tería que limpar
cando o levasen.
Lois Pereiro
Poemas 1981-1991
Outro poema de amor
El xa non sintía nada alí deitado
e ela tampouco ó velo.
Preguntouse se o amara algunha vez
mentres vía o seu sangue a caer na alfombra
que ela, sempre ela, tería que limpar
cando o levasen.
Lois Pereiro
Poemas 1981-1991
12/05/11
FRAQUEZAS
O mércores, 11 de maio presentouse na librería Couceiro, de Santiago, a obra Fraquezas, escrita por Xosé Díaz Díaz, profesor de matemáticas e amante da literatura, que estivo traballando hai uns anos no IES de Melide.
Trátase da súa terceira obra publicada, e nela recóllense varios relatos, algúns deles premiados.
Xa temos o libro na biblioteca. Agardo que o leades e que vos guste.
16/04/11
ANIRMAU
Alumnado do noso centro participa como xurado no Festival Didáctico de Animación IES Ramón María Aller Ulloa (ANIRMAU 11) de Lalín. Este festival desenvolverase en Lalín entre os días 25 e 30 de abril. As nosas alumnas desprazáronse a esta vila o día 15 para reunirse co resto dos integrantes do xurado. A reunión tivo lugar na biblioteca do IES.
Os premios entregaranse o 30 de abril no Centro Comercial Pontiñas. Co remate da gala, as curtas gañadoras proxectaranse na sala principal dos Cines Filmax Pontiñas.
13/04/11
OBRADOIRO DE PORTUGUÉS
Onte estivo no noso centro Henrique González, da Asociación galega da lingua para impartir un obradoiro de portugués ao alumnado de 3º de ESO.
A finalidade é que os alumnos e alumnas coñezan un pouco mellor o mundo lusófono e a súa lingua, que aprenda a valoralo e que non o vexan como algo alleo a nós.
05/04/11
Enredamos con Antón Cortizas
Fixemos:
1. Un chifre de lata, o chifre do merlo, xa que estamos na primavera.
2. Unha castañeta, enredo de percusión.
3. Un asubío de chapa de refresco .
4. Un nunú coas canas de vasoira
Pasámolo todos moi ben tratando de facer que soasen, aínda que poucos conseguiron facer soar o chifre do merlo. Seguirémolo intentando.
Se queredes escoitar a conversa con Antón Cortizas en Falamelide, aquí vai o enlace.
Se queredes escoitar a conversa con Antón Cortizas en Falamelide, aquí vai o enlace.
25/03/11
OBRADOIRO DE POESÍA CON CARLOS NEGRO
O pasado venres, día 28, veu de novo o poeta Carlos Negro ao noso centro para seguir co obradoiro de poesía que xa comezara a impartir o 25 de febreiro.
Nesta ocasión incidiu moito sobre a importancia dos sons na poesía. Escoitamos cancións de Manu Chao e de Diosketecrew, lemos poemas de Novoneyra, Celso Emilio... e elaboramos un todos xuntos a partir dunhas "pistas para amasar poemasonidos. Na foto estámolo lendo.
Finalmente, os alumnos e alumnas de 2º de ESO-A lemos uns poemas que compuxemos nós mesmos nos que falaban os espellos.
Aprendemos moito e pasámolo ben.
02/03/11
A SEMANA DAS CURTAS NA BIBLIOTECA
28/02/11
OBRADOIRO DE POESÍA CON CARLOS NEGRO
O venres, día 25 de febreiro, estivo no IES de Melide o poeta Carlos Negro, que xa fora profesor no noso centro hai uns anos, para impartir un obradoiro de poesía co alumnado de 2º de ESO A. A experiencia foi moi bonita e interesante, e volverá realizar outra sesión en marzo.
Unha das actividades que desenvolveu foi a creación dun poema entre toda a clase. Primeiro foi el para fóra da aula e mandou saír ao alumnado de un en un para ensinarlle unha cousa da que non lle podían dicir nada a ninguén. Xa na aula deberían escribir un verso co primeiro que se lles pasase pola cabeza. O que nos ensinaba eran uns cadros.
Unha vez recollidos os versos, el ordenounos, engadiu algún enlace, puntos, comas…etc e saíu este fermoso poema:
Unha das actividades que desenvolveu foi a creación dun poema entre toda a clase. Primeiro foi el para fóra da aula e mandou saír ao alumnado de un en un para ensinarlle unha cousa da que non lle podían dicir nada a ninguén. Xa na aula deberían escribir un verso co primeiro que se lles pasase pola cabeza. O que nos ensinaba eran uns cadros.
Unha vez recollidos os versos, el ordenounos, engadiu algún enlace, puntos, comas…etc e saíu este fermoso poema:
A princesa xunto a morte
É unha persoa con paraugas e chove,
unha marioneta cun vestido e paus ao redor.
É a beleza que durmía coa morte,
unha señorita durmida na súa camiña.
Eran uns debuxos moi raros,
cousas raras e destrución.
Quizais sexa a morte,
pero é algo estraño:
dedo-ollo con corazón de rapaza
con un esqueleto e un pau cravado.
Quizais é unha persoa enferma,
alguén de arriba que non quixo baixar
e que ten a morte á volta da esquina.
A morte é cruel.
A morte é algo terrorífico.
A morte está enriba da cama.
Hai unha muller con dous vestidos
afundida nun mar de cousas.
A muller non pode ser danada por nada,
pero o amor fai dano.
Non me gustou nada a pintura!
S2A
25/02/11
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
ROSALÍA
Hoxe, 24 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, que coincide coa data do seu nacemento. Para festexalo lemos poemas desta grande escritora tanto nas aulas coma na biblioteca do centro. Participou alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO, así como de Bacharelato. Unha pequena homenaxe para unha gran muller que escribia poemas como estes:
¡SILENCIO!
A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
sentindo como loitan
en sin igual batalla
inmortales deseios que atormentan
mollo na propia sangre a dura pruma
rompendo a vena inchada,
i escribo..., escribo..., ¡para que? ¡Volvede
ó máis fondo da ialma,
tempestosas imaxes!
Ide a morar cas mortas relembranzas;
Que a man tembrosa no papel só escriba
¡Palabras, e palabras, e palabras!
¿Da idea a forma inmaculada e pura
donde quedou velada?
Follas novas
DE BALDE
Cando me poñan o hábito,
si é que o levo;
cando me metan na caixa,
si é que a teño,
cando o responso me canten,
si hai con que pagarlle ós cregos,
e cando dentro da cova...
se só ó pensalo non río
con unha risa dos deños!
¡Que enterrar, han de enterrarme
anque non lles den diñeiro...!
Follas novas
23/02/11
CHARLA CON MARIO PEREIRA
O escritor Mario Pereira estivo hoxe, 23 de febreiro, co alumnado de 2º de ESO para falar da súa obra Contos para Manuela. Despois de facer unha presentación de si mesmo contándonos algúns detalles do conto de Rabelo, contestou as preguntas que lle fixo o alumnado, e finalmente leunos un dos seus contos que aínda non está publicado, animando coa súa lectura ao alumnado a que escriba historias nas que interveñan personaxes de distintos contos coñecidos. Rematada a charla, contestou a unha entrevista que lle fixeron na radio.
18/02/11
CONCURSO DE RELATOS “O REBULDAR”
O Centro de Atención ás Persoas Maiores de Melide convocou o 1º concurso de relatos co obxectivo de fomentar o encontro interxeneracional. Estaba dirixido ao alumnado de 1º de ESO do IES de Melide. O tema era o modo de divertirse antes e agora.
O alumnado do IES enviou os seus traballos, e o día 11 de febreiro, despois de xogar un pouco nenos e maiores, fíxose a entrega de premios.
O alumnado do IES enviou os seus traballos, e o día 11 de febreiro, despois de xogar un pouco nenos e maiores, fíxose a entrega de premios.
Esta actividade resultou moi enriquecedora, posto que os rapaces/as ensináronlles aos maiores como se xogaba coa wi, e os maiores ensináronlles aos rapaces e rapazas xogos populares e algunha canción.
Neste concurso resultou premiado o traballo de Tamara Rodríguez Vila titulado “Os novos cara o pasado” (S1B) . Como finalistas quedaron: Diego Sánchez García (S1C), Adrián Mourazos Asorey (S1A) e Óscar Bernárdez Pereiro (S1D). A nosa noraboa a todos/as os/as que participaron, e, especialmente, aos finalistas e á gañadora.
02/02/11
CONCURSO DE CARTAS DE AMOR
Dentro do seu Plano Anual, e coincidindo co 2 de febreiro, día da Candeloria e día do amor, o Equipo de Normalización Lingüística do IES convoca un concurso de cartas, declaracións e/ou poesías de amor.
MEMORIA DAS MEMORIAS DUN NENO LABREGO
O día 31 de xaneiro parte do alumnado do IES de Melide viaxou a Santiago para ver a montaxe que realizou Cándido Pazó sobre as Memorias dun neno labrego, titulada Memoria das memorias dun neno labrego.
Este espectáculo escénico-oral vai dedicado, como din os propios artífices, "a todos os nenos labregos que son, foron ou serán. Aos das aldeas da memoria. Aos das leiras de asfalto. Eses que por moito que se laven sempre terán a alma manchada de terra. Aos expulsados da infancia, nenos labregos que en lugar dun sacho empuñan un fusil. Ou empuñan un sacho para traballar nunha mina. Aos comestos polas moscas da fame nos telexornais. Aos fuxidos do medo a toda caste de lobos. Aos que tiran pedras"
31/01/11
125 ANIVERSARIO DE CASTELAO
Afonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (1886 – 1950), nado en Rianxo, foi un dos fillos de Galiza máis polifacéticos xa que foi político, médico, pintor, debuxante e, por suposto, escritor. Estudou Medicina por vontade de seu pai pero non a exerceu de moi bo grao. Castelao é considerado un dos pais do nacionalismo galego e eterno defensor de Galiza así como tamén da nosa lingua.
Tanto foi así que, coa Guerra Civil a piques de estourar, foi quen de atravesar España co fin de que o Estatuto Galego fose asinado. Porén, a pesar de que este foi aprobado, nunca entrou en vigor.
Durante o franquismo estivo exiliado pero continuou cos seus labores de defensa dende os seus exilios até a súa morte en Bos Aires.
Pola súa excelente obra literaria e importancia para Galiza dedicóuselle o segundo Día das Letras Galegas.

Agora, celebramos o seu 125 aniversario con orgullo xa que, a pesares do paso do tempo, Castelao segue a influenciar nas novas xeracións e cos seus traballos e as súas obras ensina a canto home ou muller as coñece. É unha figura imprescindíbel na nosa historia e literatura e por iso, dende os nosos tempos, homenaxeámolo, con moito agarimo, por todo o que fixo e seguirá a facer pola nosa terra.30/01/11
30 DE XANEIRO, DIA DA PAZ
"Tendemos a pensar que o que vemos no presente é eterno. Esquecemos o moito que nos sorprendeu a repentina desintegración dalgunhas institucións, o cambio extraordinario que sufriu a forma de pensar da xente, as inesperedas rebelións contra algunhas tiranías, o brusco derrubamento de sistemas de poder que parecían invencibles.
Ter esperanza nos malos tempos non é un simple romanticismo absurdo. É algo que se basea no feito de que a historia humana non é só unha historia de crueldades senón unha historia de compaixón, sacrificio, valor e bondade.
Se recordamos todos esos momento e lugares, e son tantos nos que a xente se portou de forma admirable, darannos enerxías para actuar. A esperanza é a enerxía do cambio.
O futuro é unha sucesión infinita de presentes e vivir como cremos que deben vivir os seres humanos, pese a todo o malo que nos rodea, é unha victoria marabillosa."
Este texto está extraído de Una historia popular del imperio americano, adaptación ao cómic do ensaio La otra historia de los Estados Unidos de América,onde o seu autor, Howard Zinn, plantexa unha visión diferente da historia oficial do seu país. Trata temas como a loita entre os nativos norteamericanos contra os conquistadores brancos, a intervención norteamerica sobre os estados veciños, os enfrontamentos entre sindicalistas e capitalistas, a loita contra o racismo, a loita polos dereitos civís, os movementos pacifistas...
Se queres saber algo máis sobre este libro, visítanos en Papalibros.
Ter esperanza nos malos tempos non é un simple romanticismo absurdo. É algo que se basea no feito de que a historia humana non é só unha historia de crueldades senón unha historia de compaixón, sacrificio, valor e bondade.
Se recordamos todos esos momento e lugares, e son tantos nos que a xente se portou de forma admirable, darannos enerxías para actuar. A esperanza é a enerxía do cambio.
O futuro é unha sucesión infinita de presentes e vivir como cremos que deben vivir os seres humanos, pese a todo o malo que nos rodea, é unha victoria marabillosa."
Este texto está extraído de Una historia popular del imperio americano, adaptación ao cómic do ensaio La otra historia de los Estados Unidos de América,onde o seu autor, Howard Zinn, plantexa unha visión diferente da historia oficial do seu país. Trata temas como a loita entre os nativos norteamericanos contra os conquistadores brancos, a intervención norteamerica sobre os estados veciños, os enfrontamentos entre sindicalistas e capitalistas, a loita contra o racismo, a loita polos dereitos civís, os movementos pacifistas...
Se queres saber algo máis sobre este libro, visítanos en Papalibros.
22/01/11
CONTACONTOS EN PORTUGUÉS
Dentro do Plano de Potenciación da Lectura, o Departamento de Lingua e Literatura organizou unha sesión de Contacontos. O actor, realizador e “contador de estórias” natural de São Tomé e Príncipe, Ângelo Torres, axudounos a comprender o que é un conto popular e tradicional e a importancia que ten como elemento transmisor de valores universais e como potenciador das relacións humanas.
19/01/11
ENTREGA DE PREMIOS DE MICRORRELATOS RELACIONADOS COA VIOLENCIA DE XÉNERO
Dada a calidade e cantidade de relatos participantes, o xurado tomou a decisión de entregar dous premios por categoría en lugar de un, como esta anunciado nas bases. Podedes ler os microrrelatos gañadores, publicados en Artefacto, premendo os enlaces. Os gañadores/as deste concurso foron @s seguintes:
1º CICLO DE ESO:
- CRISTINA GARCÍA BANDE (2º ESO A), con Tres momentos
- NAIARA VÁZQUEZ NEIRA (2º ESO C), co microrrelato titulado Violento
2º CICLO DE ESO:
- LAURA LÓPEZ ROCA (4º ESO A), co seu microrrelato titulado Miña nai
- LUCÍA CORRAL LÓPEZ (PDC 4º), con Odio disfrazado de amor
BACHARELATO:
- EVA VÁZQUEZ TORREIRO (B2A), con Algúns
- RUBÉN SÁNCHEZ ORO (B1B), con Diario da miña morte
O premio consistiu nun vale para mercar libros ou material escolar nunha librería da nosa vila.
1º CICLO DE ESO:
- CRISTINA GARCÍA BANDE (2º ESO A), con Tres momentos
- NAIARA VÁZQUEZ NEIRA (2º ESO C), co microrrelato titulado Violento
2º CICLO DE ESO:
- LAURA LÓPEZ ROCA (4º ESO A), co seu microrrelato titulado Miña nai
- LUCÍA CORRAL LÓPEZ (PDC 4º), con Odio disfrazado de amor
BACHARELATO:
- EVA VÁZQUEZ TORREIRO (B2A), con Algúns
- RUBÉN SÁNCHEZ ORO (B1B), con Diario da miña morte
O premio consistiu nun vale para mercar libros ou material escolar nunha librería da nosa vila.
Etiquetas:
Actividades,
Concursos,
Conmemoracións,
Creación Literaria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























