28/02/11

OBRADOIRO DE POESÍA CON CARLOS NEGRO

O venres, día 25 de febreiro, estivo no IES de Melide o poeta Carlos Negro, que xa fora profesor no noso centro hai uns anos, para impartir un obradoiro de poesía co alumnado de 2º de ESO A. A experiencia foi moi bonita e interesante, e volverá realizar outra sesión en marzo.


Unha das actividades que desenvolveu foi a creación dun poema entre toda a clase. Primeiro foi el para fóra da aula e mandou saír ao alumnado de un en un para ensinarlle unha cousa da que non lle podían dicir nada a ninguén. Xa na aula deberían escribir un verso co primeiro que se lles pasase pola cabeza. O que nos ensinaba eran uns cadros.

Unha vez recollidos os versos, el ordenounos, engadiu algún enlace, puntos, comas…etc e saíu este fermoso poema:

A princesa xunto a morte



É unha persoa con paraugas e chove,

unha marioneta cun vestido e paus ao redor.

É a beleza que durmía coa morte,

unha señorita durmida na súa camiña.

Eran uns debuxos moi raros,

cousas raras e destrución.

Quizais sexa a morte,

pero é algo estraño:

dedo-ollo con corazón de rapaza

con un esqueleto e un pau cravado.

Quizais é unha persoa enferma,

alguén de arriba que non quixo baixar

e que ten a morte á volta da esquina.

A morte é cruel.

A morte é algo terrorífico.

A morte está enriba da cama.

Hai unha muller con dous vestidos

afundida nun mar de cousas.

A muller non pode ser danada por nada,

pero o amor fai dano.

Non me gustou nada a pintura!


S2A

9 comentarios:

  1. Anónimo3/3/11

    estivo moi ben, aprendimos moito.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo3/3/11

    Ese tempo con Carlos Negro pareceunos moi bon,xa que foi unha cousa moi interesante.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo3/3/11

    belen:jo ke super clase tño jeje paseino moi ben, o millor foi o poema que fixemos o final xd

    ResponderEliminar
  4. Anónimo3/3/11

    Gustoume moito a poesia de carlos negro sobre todo alguns poemas moy divertidos.E tamen me gustou como fixemos unha poesia todos xuntos...Aprendeunos a que facer poesia podeo facer calquera e non un poeta profesional...

    ResponderEliminar
  5. Anónimo3/3/11

    paseino xenial ten que volver ademais o poema quedounos moi ben

    ResponderEliminar
  6. Anónimo3/3/11

    Estivo xenial! aprendimos moitas cousas interesantes e útiles! Ademais tamen foi moi moi gracioso! xDD

    ResponderEliminar
  7. Anónimo3/3/11

    we are the bessssssst

    ResponderEliminar
  8. Anónimo3/3/11

    estivo moi ben ,gustoume moito e aprendimos moitas cousas sobre a pesia

    ResponderEliminar
  9. Anónimo22/3/11

    a cabeza nn para

    ResponderEliminar