05/05/10

ACTIVIDADES DO MES DOS LIBROS


Os alumnos de 4º de ESO de Humanidades quixeron rescatar un libro duna queima universal, igual que facían os homes-libros da película Fahrenheit 451, baseada na novela de Ray Bradbury. Entre eles atoparedes, dende obras clásicas até a literatura xuvenil máis recente. Este traballo fíxose gracias á colaboración de Carla Río Vea. Estes foron os rapaces e os libros que escolleron.



Neste mes de abril , xa rematado, no IES de Melide levamos a cabo distintas actividades relacionadas cos libros e a lectura. Participaron alumnos de case todos os grupos: neste espazo imos facer unha referencia ao traballo dos alumnos de 1º da ESO, 2º da ESO , 4º da ESO e 1º de Bacharelato.


E TI , PARA QUÉ LES? NA PROCURA DO AUTOR AGOCHADO

No taboleiro exterior da biblioteca estaban as imaxes de sete autores/as literarios. Os alumnos de 2º da ESO debían identificar, alomenos, a cinco del@s , atopar unha obra súa e escribir a referencia bibliográfica. Logo debían respostar á pregunta, e ti, para qué les?
Os autores eran Miguel Hernández, Miguel Delibes, Uxío Novoneyra, Afonso D.Castelao, Emilia Pardo Bazán, Fina Casalderrey e Eduardo Pondal.
Resultaron gañadores, Iván Enríquez Abad, Christian
Enjamio Garea e Adrián Carril García, que foron agasallados cunhas pequenas mochilas de Bibliotecas Escolares cunhas sorpresas dentro delas. As súas razóns para ler?. " para aprender cousas novas, desenvolver a mente", di Iván, "para me divertir e pasalo ben" según Christian, e " para imaxinar unha historia na miña mente, descubrir novos mundos e desprenderme do real" é a opinión de Adrián. Todas elas boas razóns para disfrutar e coller o hábito da lectura.

POESÍA ALBOROTADA


Un forte vento, típico da vila de Melide, fixo estragos nunha serie de versos, de tal maneira que todos eles quedaron "alborotados". Os encargados de ordealos foron os alumnos de 1º de BAC. A golpe de consulta puramente bibliotecaria, ordearon un "poema" composto por 22 versos correspondentes a 11 autores de moi distintas épocas: así aparecían misturados dende "caminante, no hay camino", pasando por "verde, que te quiero verde","vivo sin vivir en mí" e o final máis poético que se puido atopar: "poesía.... eres tú". Os alumnos debían colocar os versos debidamente, localizar a obra, o autor e a época do mesmo.
Os gañadores foron : Estefanía García e Patricia Méndez, ex aequo en 1º BAC/A, Iván Vázquez en 1º BAC/B e Beatriz Pumar en 1º BAC/C. Todos eles recibiron un pequeno agasallo dun bloc e uns separadores de Biblotecas Escolares .




TURBILLÓN DE POESÍA

Este ano deunos polo vento e os versos desordeados. Polas ventás da clase de 1º da ESO entrou un furacán que provocou un verdadeiro turbillón de poesía: os alumnos tiveron que rescatar e poñer orde nos versos espallados. Os máis rápidos foron: Cristina García e Xoel García de 1º ESO C e Alba Carreira e Belén Casal de 1º ESO B.

1 comentario:

  1. Anónimo5/5/10

    Alborotada e ben que estaba a poesía, porque alí aparecían dende Sta Teresa de Xesús até Machado, Espronceda......en fin, un lote deles.Deunos bastante "choio" o traballiño, aínda que foi unha actividade nova fóra da clase e iso sempre gusta

    ResponderEliminar