31/01/10

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON-VIOLENCIA

Como é ben sabido, o 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.

O Día Escolar da Paz e a Non-Violencia foi declarado por primeira vez en 1964 e surxe dunha iniciativa de Educación Non-Violenta e Pacificadora, do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, concordia, respecto aos dereitos humanos, a non-violencia e a paz. Foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia en 1976.
O noso sistema educativo plantexa como unha das súas finalidades a formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos. É necesario traballar continuamente estes conceptos, pero isto non impide a existencia de datas concretas que nos fagan lembrar que aínda hai situacións sociais complexas.
Como reflexo que é da sociedade, a escola comparte os seus defectos, pero tamén nos proporciona a magnífica oportunidade de concienciar a tod@s na construcción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano.
A proposta deste ano do Seminario Galego de Educación para a Paz ten por título: "Sobre os dereitos e responsabilidades de nenas, nenos e adolescentes". Precisamente, este ano, o SGEP eleborou un cartel conmemorativo do seu 25 Aniversario,co lema: "Para que a paz sexa algo máis ca un conto". Dende aquí os nosos parabéns e a nosa gratitude polo traballo que está a realizar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario