Sabes o que é o Lettering? Unha nova palabra inglesa para nomear a caligrafía? Pois si... Pero non unha caligrafía calquera. O lettering é unha arte. As letras convértese en debuxos e cambian por completo o aspecto de calquera papel, por anódino que sexa.
Nerea creou un manual e ensionounos na Biblio os mellores trucos para crear títulos ben xeitosos para os nosos cadernos.
Se perdiches este obradoiro, estás a tempo de aprender. Na Biblio tes á túa disposición rotuladores con punta de pincel e manuais de lettering para principiantes. Anímaste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario