O día 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía.
No expositor da biblio deixáronse algunhas das últimas novidades poéticas así como o programa de actividades para conmemorar esta data.
O departamento de Lingua Castelá e Literatura organizou o primeiro concurso de videopoemas e foi todo un éxito!!
Outra das actividades realizadas consistiu nunha tarefa interdisciplinar entre os departamentos de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Educación Plástica, Visual e Audiovisual. A rapazada converteuse por un día en pintoras e pintores creando un mural de debuxos que representaban cadanseu poema.
Ademais confeccionouse un tendal de "poemas para levar" e tod@s marchamos ás aulas colgad@s nun verso.
Tamén se organizou un recital poético en diferentes linguas como en francés:
...e en portugués:
Ademais, desde o Departamento de Matemáticas levouse a cabo un pyema: unha oda ó número PI.
Marabilloso escoitar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario