O 2 de febreiro,día da Candeloria ou Candelaria conmemórase o día dos namorados, xa que esta data representaba o preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase tamén que era a época do casamento dos paxaros.
Outros opinan que o día dos namorados é o 14 de febreiro, coincidindo coa data na que San Valentiño sería executado por casar parellas en segredo despois de que o matrimonio fose prohibido polo emperador. Hai unha lenda que di que é o patrón dos namorados porque a súa festa coincide co momento do ano en que os paxaron comezan a facer os niños.
Sexa un ou outra o patrón ou patroa dos namorados, imos recordar estas datas presentándovos un libro de cartas de amor de Fran Alonso. Nove mulleres escriben cartas.Mónica, por exemplo, confésalle a súa homosexualidade á mellor amiga a través dun correo electrónico, porque non quere soportar unha situación que parece obrigala a vivir unha dobre vida (“Confesión”).
Convén que recordemos que hai moitos tipos de amor e que todos e todas temos dereito a vivilo de distintas maneiras.
Lémbrovos que está convocado un concurso de cartas de amor en galego, así que... ANIMO! e poñédevos a escribir.
Tamén vos animo a que introduzades comentarios a esta entrada poñendo citas e títulos de obras que vos gustaron e que tratan esta temática.
Amor con faltas de ortografía :
ResponderEliminareste poema trata de un rapaz que lle gusta una rapaza e envialle cartas pero ela non as responde por que non entende a sua letra (escribe b en vez de v etc) ata que un dia falan e os dous se dan de conta de que se queren. :)
Laura Santos
"A guerra"
ResponderEliminarE unha das cartas que escribe unha muller, Maida ao seu namorado Saraievo para Dzevad, como despedida antes do seu suicidio que foi probocado porque ela vivia nunha guerra continua e ela xa non o soportaba mais xa que non aparecia a persoa que mais queria Saraievo para Dzevad.
Jorge Iglesias
Esto non me acordo onde o vin:
ResponderEliminarO mais difícil non é o primeiro bico senón o último.
Luis.F
SOBRE O AMOR:
ResponderEliminarMenos pegar e mais besar.
MARCOS IGLESIAS
Amor a unha nai:
ResponderEliminarTodo fillo/a sabe que ten unha, pero non todos saben apreciar que teñen unha xoia, ou mais ben un tesouro. Unha gran persoa que te coida e che dá cariño, unha persoa á que chamar MAMÁ.
Cristina.L
Houbo unha vez un gran músico que dixo:
ResponderEliminar"Experimentei de todo, e podo asegurar que non hai nada mellor que estar nos brazos da persoa a que amas" -Jonh Lennon-
Virginia M.
Película LOVE STORY:
ResponderEliminarO amor é non ter que dicir nunca síntoo.
Paula Ares.
<> _Antoine de Saint-Exupery_ Cristina C.
ResponderEliminar"O amor non é mirase un ó outro; é mirar xuntos na mesma direción." _Antoine de Saint-Exupery_ (Cristina C.)
ResponderEliminarfederico garcia lorca:
ResponderEliminarverde que te quiero verde,
verde viento,verdes ramas,
el barco sobre la mar
y el caballo en la montaña.
CARLOS PARRADO ROMERO
Unha mirada, dous pasos, tres palabras, catro caricias, cinco suspiros, seis emocións, sete bicos, oito soños, nove promesas... un amor.
ResponderEliminarÁngela P.
O amor inclue unha gran capacidade de cariño non de peleas
ResponderEliminarcristina varela
Despedida:
ResponderEliminarSin querer un día empeceite a amar
Sin durmir un día empecei a soñar
Sin pensar un día empeceiche a mirar
E sen querer esperalo un día encontreiche de verda
Agora sen chorar deixeite escapar
Para non verte mais.
Andrea de la I.
Trece anos de Branca, Noite de voraces sombras , Amor dos 15 anos Merilyn...
ResponderEliminarSARA.T
Galicia terra de meigas e feitizos, conta a lenda que esta herba tenese que coller a noite de San Xoan, noite máxica e feiticera e dunha maneira discreta debe facerse chegar á persoa querida a herba encargaráse de enamorala.
ResponderEliminarRitos sempre houbo para namorar ao amado ou amada desdeñoso. As aguas, o fogo, as flores e as herbas, formaban parte da maxia que atraía o amor.
A herba de namorar ou namorareira encontrase preto dos acantilados, ao desamparo dos ventos e do frío mariño. Esta herba ten unhas flores claras e meudas, de pequenos e finos pétalos que bailan, sin desprenderse dos seus talos, ao son dos fortes ruxidos do vento cando se enfrenta ao mar picado. Elas resisten, pequeas e valentes, quizais grazas ao segredo que gardan no seu mínimo corazón de flor, seguramente alegranse cando unha mau cortaas, con cariño e ilusión, pensando en conquistar a alma tímida dun amor imposible.
Hai quen di que o seu efecto é tan eficaz que non existe antídoto capaz de desfacer o amor que a sua axuda provoca.
Mar R.
No día de hoxe eu quero falar dun libro que me encantou e lin polo menos catro veces; titúlase " Capitán Grisam e o amor" de Elisabetta Gnone, da colección Fairy Oak...é unha historia de mares, misterios, amizade e tamén amor, cunhas ilustracións maravillosas que tamén te namorarán.
ResponderEliminarHilda, 1º ESO A
"Falemos de tí e min ´
ResponderEliminarxa que vivimos.
Tí i eu nos ventos
e nos solsticios.
Tí i eu nos bosques
e nos ríos.
Tí i eu, historia
de corpos nidios.
Tí i eu, saudade
de álbores íntimos.
Tí i eu sin tempo ,
polo tempo que imos.
Tí i eu cantando,
chorando e rindo.
Celso Emilio Ferreiro
Hilda, 1º ESO A
"Ao amor o pintan cego e con ás. Cego, para non ver os obstáculos; con ás, para salvalos"
ResponderEliminarJACINTO BENAVENTE.
Iria B.
As veces falamos o que non debemos falar
ResponderEliminaroimos o que non debemos oír
choramos por algo que non debemos chorar
sabes porque
porque amamos a quen non debemos amar
Laura . G primeiro b
AMOR APRESURADO
ResponderEliminarFrancisco Añón
Miráchesme, mireite, nos miramos:
Sorríchesme, sorrinche, os dous sorrimos
Nos nosos ollos nosa imaxen vimos:
Ti nos meus, eu nos teus nos retratamos;
Desde entonces de amor nos abrasamos;
Un mesmo gusto ou pena os dous sentimos,
E anque a paraxes diferentes imos,
De cote no camiño tropezamos.
É imposible non estar triste,
ResponderEliminarsabendo que estás lexos de min...
Así está o meu corazonciño
dende que te fuches de aquí...
Xa non sei como facer para
sacar a tristeza que hai en min...
Necesítote e non vou
parar ata terte de novo...
Lucía Álvarez.
As cousas que non nos dixemos:
ResponderEliminar-Cres que algún día se deixara de sufrir por amor?
-Se tes sorte, nunca!
__________________________
Espero que nadie esté só no día de San Valentín !
Mariña Ferreiro
Este día dos namorados e un día dos mellores pas persoas que se queren e teñense respecto.
ResponderEliminargabriel garcía sánchez
A profesora de lingua galega, deunos hoxe pola mañá o fragmento que ven posto arriba como exemplo ,do libro "cartas de amor" de Fran Alonso.
ResponderEliminarA mín, persoalmente ,gustoume porque moita xente opina que o amor só é amor cando as persoas son de dous sexos diferentes pero...por que??? Eu penso que cando dúas persoas se queren non importa o sexo. _______________________________________
A verdade é, que se hai este libro na biblioteca posiblente o colla.
Mariña Ferreiro
O día dos namorados é para estar coa persoa que te quere,pero se ainda non a atopache pensa que alguén, algún día ,vaite querer.
ResponderEliminarLaura Sánchez Blanco
Que difícil é vivir, cos ollos tapados, pero máis difícil é vivir sen estar ao teu lado
ResponderEliminarElena Raposo Varela
Solamente aquel que e demasiado fuerte para perdoar, una ofensa sabe "amar".
ResponderEliminarNoelia Cea
O CARAVEL NEGRO
ResponderEliminar"Quixente tanto, meniña,
Tívenche tan grande amor,
Que para min eras lua,
Branca aurora e claro sol,
Augua limpa en fresca fonte,
Tosa do xardin de Dios,
Alentiño do meu peito,
Vida do meu corazon."
Asi che falin un dia
Camiñiño de San Lois,
Tod´ oprimido d´ angustia,
Todo ardente de pasion,
Mentras que ti m´escoitabas
Depinicando unha frol,
Por qu´ eu non vise os teus ollos
Que refrexaban traiciós.
Dempois que si me dixeches,
En proba de teu amor
Dexeme un carabeliño
Que gardin no corazon.
¡Negro carabel maldito
Que me fireu de dolor...!
Mais á pasar pó lo rio,
¡O carabel afondou...!
"Tan bó camiño ti leves
Com`ó carabel levou."
Adrián Penas
POEMA DE AMOR:
ResponderEliminarLuís Amado Carballo: Versos do meu silenzo
Ollos na noite pensantes
os das estrelas lonxanas,
que ennovelados nas tebras
tráenme a túa lembranza.
Antr' o agarimo da lua
salouca o meu corazón
que añora a surrisa túa.
Por camiños de luceiros
enfondados na distancia,
a túa voz sinfoniza
os ecos da miña alma.
Estou a pensar en tí
e nas miñas mans saudosas
ate o mesmo delor rí.
Baixo a pregaria oxival
do zarco mar dos teus ollos,
afóganse as miñas verbas
que van pousar no teu colo.
Tan outo cal un luceiro,
porei o meu corazón
pra que alume o teu vieiro.
CITA DE AMOR:
Podrá la muerte cubrirme con su fúnebre crespón; pero jamás en mí podrá apagarse la llama de tu amor. (Gustavo Adolfo Bécker) RIMAS.
PATRICIA L.
HAI.....QUE BONIO É O AMOR!!!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminar-Creo que este dia tan especial non tiña que celebrarse só o 14 de febreiro,senón que tiña que celebrarse todos os dias.
-Ademáis tamén penso que da igual que a unha persoa lle guste outra persoa do mesmo sexo que el/a ,o importamte é que se queren,ese sentimento,ese cosquilleo que sentimos cando vemos a esa persoa que tratas con máis cariño e respecto eso é o amor.
E como anecdota:
-Meu pai pediulle casar a miña nai ese dia...O 14 de Febreiro.Por eso creo que o amor entre unha persoa e outra,é a cousa máis bonita do mundo.
ELVI MAZÁS PEREIRO. 1C
Ramiro Fonte.Dobres parellas:
ResponderEliminarUn manual de retórica
e unha gran novela histórica;
a bóla do mapa mundo
e, do reloxo, un segundo.
Un cuarteto no encerado
e un número fatigado;
a pedra filosofal
e unha aurora boreal.
Un xigante telescopio
e a luz de estrela que eu copio;
o punto norte da búxola
e o firme acento da esdrúxula.
Un curioso efecto óptico
e un orador estrambótico;
un caiuco na ribeira
e un amigo á miña beira.
As cartas dos reis de espadas
e de ouros nunha ollada;
e quen me roubou a min
os versos que eu escribín.
Lucía Cagide Tarrío 1ºC.