Hoxe tivo lugar a entrega de premios ao alumnado premiado no concurso
de microrrelatos en contra da violencia de xénero ou a favor dunha boa relación
na parella.
Os premios consistían en vales para mercar material escolar e libros.
O alumnado premiado foi:
1º Ciclo:
1º Premio: Paula Ares Turrado (S1A)
“Pola mañá, ouro; pola tarde, prata; pola noite, mátame”
2º Premio: Hilda Mosteiro Quintela (S1A)
“Cando cheguei de traballar, vina preparando a cea. Abraceina e díxenlle
canto a quería”
2º Premio: Celia Varela (S2C)
“ Era unha mañá de outono, e eu atopábame na casa soa e en silencio. Só se
escoitaba o TIC, TAC do reloxo. A miña vida era un inferno. Dende que casei a
miña vida está coma morta, coma se non tivera rumbo nin sentido, coma se non
tivera nada. O meu marido maltrátame e insúltame, para el son coma unha
marioneta, coma un xoguete. Cando escoito abrir a porta, sinto que o meu
inferno empeza, coma todos os días, e penso que sería mellor estar morta que
sufrir isto”
3º Premio: Mariña Ferreiro Vilariño.
Libérame do inferno.
“ Carme está na casa, pois non pode saír; se o fai, só pode ser acompañada
polo seu home. Pero non só iso, insúltaa, pégalle, maltrátaa. Quere chamar á
policía, pero... que pasaría? Sempre que o pensa, decide non facelo. TEN MEDO"
Bacharelato:
1º Premio, pola súa calidade
literaria: Zeltia Mato Fernández ( 2º BAC.)
“ Non poñas esa saia tan curta e eses tacóns, puta”. Resoprei. Do farta que
estaba deses desprezos, collín a punta do tacón e, con todas as miñas forzas,
espeteina na súa entreperna. Non quería volver a sentirme un xoguete e un
obxecto.
2º Premio: Pablo Laya ( 2º BAC.)
“ Flores, música, amigos, familiares, alegría, diversión.
Xa están casados.
Fillos, gritos, débedas, choros, pelexas.
Morre outra muller nas mans dun home”
3º Premio: Paula Mejuto Fuciños ( 2º BAC.)
“Casou...!
Sen saber que, ese día, comezaba o camiño cara a súa morte”.
Había moitos máis microrrelatos dignos de ser premiados, pero non podiamos
conceder tantos premios. Animámosvos a que sigades escribindo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario