08/07/10

FELIZ VERÁN 2010 !!!

Xa entrados de cheo no verán, aproveitamos para desexarvos a tod@s un fructífero, reparador e feliz verán, sempre en compaña dos libros, eses tesouros agochados que sempre están esperando que alguén os atope e os "resucite" co persoal xeito de facer a lectura que temos cada un de nos. Agora, sen prisas, nin exames, é bon momento para adicar un tempo a eses amigos de papel que tanto fan (xa teñen feito) na nosa formación, imaxinación, no noso crecemento. O rei medieval Ricardo Corazón de León, adoitaba dicir "os libros ensináronme a pensar, e o pensamento fíxome libre". Non é mala cita. Libros, pensamento e liberdade. Tres cousas que teñen que ver entre si. Non esquezades nunca que libros é unha palabra indisociable de liberdade. E que a liberdade non fai aos homes mellores, fainos simplemente, homes. Unha aperta e FELIZ VERÁN !!!

6 comentarios:

  1. Anónimo14/8/10

    Felicidades por ter tan claro que libros, e todo o relacionado con eles, teñen que ir da man da liberdade. Non pode ser doutra maneira en ningures,nun centro de ensino público.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo15/9/10

    Libertad. Que difícil conseguirla, que fácil perderla!Pero siempre se añora....

    ResponderEliminar
  3. Anónimo20/9/10

    si o ahora que por fin o estabamos pasando ben ala de volta a rutina de sempre si o eso e o que nos toca a nos estudiar e estudiar

    ResponderEliminar
  4. Anónimo20/9/10

    que lindos recordos os de este veran sobre todo se non tibeches que estudar e agora xa a empezar de novo bueno polo menos espero pasalo moi ven a demais xa botaba aos meus compañeiros de menos oxala que me tocase con eles desexobos a todos vos un feliz curso

    ResponderEliminar
  5. Anónimo20/9/10

    que lindos recordos os de este veran sobre todo se non tibeches que estudar e agora xa a empezar de novo bueno polo menos espero pasalo moi ven a demais xa botaba aos meus compañeiros de menos oxala que me tocase con eles desexobos a todos vos un feliz curso

    ResponderEliminar
  6. Fóra xa esas lembranzas morriñosas do verán!!. Acollede con ledicia OS LIBROS,eses AMIGOS FIEIS que nunca traicionan,ao contrario dos fals@s amig@s!!!

    ResponderEliminar