Onte toda a prensa lembraba o aniversario da matanza acontecida hai vinte anos na praza pequinesa de Tiananmen: o exército chinés cargaba contra centos de miles de estudantes que esixían reformas democráticas no seu país. A fotografía que ilustra esta entrada, deu a volta ao mundo: é a dun home anónimo, apodado "Tank Man", que se enfronta só, impasible, ante unha longa ringleira de tanques, dispostos a pasarlle por riba: ninguén sabe qué foi del.... Esta foto simboliza o abuso do goberno contra os seus propios cidadáns, nunha manifestación pacífica de estudantes desprotexidos. Triunfou, coma tantas veces, a forza bruta e a represión. Os manifestantes foron represaliados, encarcelados ou executados. O entón secretario xeral do Partido Comunista, Zhao Ziyang, xa finado, foi sometido a arresto domiciliario por se opoñer á represión cometida contra os estudantes.
Hoxe en día, China é unha importante potencia económica, coa que os líderes mundiais teñen que contar. Pero segue a existir a censura: libros que non se poden ler, 30.000 axentes que controlan o que len os chineses en internet, manipulación dos libros de texto ou portais bloqueados como Twitter, Hotmail, Facebook, Flickr, etc.
Ogallá que o sacrificio cruento destes centenares de miles de estudantes anónimos, dese "home do tanque", dea froitos algún día. Poque como alguén dixo " non se pode acabar co analfabetismo e logo prohibirlle á xente que lea". Ao final, sempre é o mesmo: as ansias insaciables de liberdade.

Nos unimos al recuerdo y suscribimos vuestras palabras. Muchos saludos.
ResponderEliminar