27/03/08

CLUB DE LECTORES

Non está nada mal! Asociar libros a pastas, galletas, e bo ambiente debería ser algo normal, cotiá. E iso decidimos facer dende o club de lectores: hoxe xoves xuntámonos na cafetería, expuxemos libros e cómic, e a desfrutar. A xente pasaba, comía unha pasta, e ollaba libros, e cando alguén se sentía seducido/a, pois collía o libro. Tan simple como iso. E tan estupendo! Verémonos outra vez dentro doutros quince días, para comentar os libros que levamos desta vez. Para comentar a xogada, coma se dun partido se tratase. Porque ler ten que ser, ante todo, desfrutar. E se o libro non nos gusta, deixámolo por outro, ata atopar o que realmente nos atrapa.

Quedades convidados/as a asistir ao noso club informal de lectores. Se xa vos gusta ler, xenial. Se non, pode ser que aínda non dérades co libro ideal. Pero existir, existe.