A biblioteca do IES de Melide é un espazo multidisciplinar, no que podes ler, estudar, debuxar, conversar e tamén xogar.
Esta é unha das últimas incorporacións: O Slapzi, un xogo con múltiples modalidades que está a causar sensación. Xa o probaches?
A biblioteca do IES de Melide é un espazo multidisciplinar, no que podes ler, estudar, debuxar, conversar e tamén xogar.
Esta é unha das últimas incorporacións: O Slapzi, un xogo con múltiples modalidades que está a causar sensación. Xa o probaches?
O día do nacemento de Rosalía sempre é un día espcial. É por iso que este ano, para conmemorar o nacemento da nosa escritora nacional, inmortalizamos a lectura dos seus versos nun fermoso photocall, che de rosas e camelias. Por alí pasaron alumnos, alumnas e profesorado, porque non merece outra cousa ca un altar. Podedes ver aquí unha pequena mostra.
Coa entrada do mes de febreiro, xa se albiscan os primeiros paxariños na busca de boa compaña. Comezan a medrar os días e o sol combina moi ben con ventos frescos e mañás xeadas. Celebramos ese día que medio inverno vai fóra, e que apenas queda a outra metade.
Di a lenda que o día 2 de febreiro é o día no que casan os paxariños e nós celebramos esta data recordando os bicos máis emblemáticos da hsitoria da arte, do cine e da literatura. Saberías recoñecer a quen pertencen estas mostras de amor?
É ben sabido que cos libros podes viaxar a outros mundos, coñecidos e por coñecer, próximos ou máis afastados. Por iso, na Biblio do IES de Melide podes adquirir o teu pasaporte lector e selar aqules libros que te levaron a coñecer mundos xamais soñados.
Con cada selo, podes obter un pequeno agasallo; porque ler é iso, un agasallo.
Coa chegada do Nadal, tempo de recollemento e de reunións familiares, presta poñerse a debuxar.
Un chocolate quente, uns bos pinceis e a inspiracións chega soa, ou así de sinxelo parece despois de ver as marabillas que fai a nosa rapazada. Cal vos gusta máis? Cal será a gañadora?
Que o noso IES está cheo de artistas non é ningún segredo. Que ás veces eses artistas amosan o seu lado máis tímido, tampouco. Foi difícil convencelas, pero para celebrar o día da música, que se conmemoriou este pasado 22 de novembro, viñeron varios alumnos e alumnas ensinarlle a compañeiros e compañeiras (e tamén a profes) como se toca a pandeireta. Unha clase moi breve, pero proveitosa.
Que gustiño dá velas tocar, non si?
No IES celebrouse o mes da ciencia en galego cunha mostra dos experimentos máis chamativos levados a cabo polo alumnado de ciencias. Nós quixiemos achegar o noso gran de area cos libros máis fermosos sobre ciencia que temos na Biblio, vístelos?
O día 22 de novembro celébrase o Día da Música e este ano a profe Belén preparou, co seu alumnado, unha peza tocada con ABANOS! Si, si, abanos. Non só serve para dar aire. Mira como soan!
Nerea creou un manual e ensionounos na Biblio os mellores trucos para crear títulos ben xeitosos para os nosos cadernos.
Se perdiches este obradoiro, estás a tempo de aprender. Na Biblio tes á túa disposición rotuladores con punta de pincel e manuais de lettering para principiantes. Anímaste!
O pasado 13 de novembro celebramos no IES un compionato de Trompo (ou buxaina, se o prefires, polo material do que se facía).
Para prepararnos con antelación, estivemos pintando na Biblioteca os trompos, así sabemos de primeira man cal é o noso e, quen sabe, quizais nos dea algo de sorte!
No IES de Melide non nos faltan as persoas dotadas cun extraordinario talento para o debuxo e a pintura, e non puidemos evitar tirar proveito.
Nesta ocasión, escollimos un conto de Paula Carballeira, recollido no seu libro 13 avisos. Durante a lectura do relato, a rapazada ía debuxando aquilo que máis a inspiraba. Quedaron estampas ben xeitosas! Cal vos gusta máis a vós?
Non sabemos se o Samaín é moda ou tradición, se é galego ou estranxeiro, se nos dá medo ou risa... pero que ben o pasamos preparando esta data! A literatura está chea de referencias a
Comezamos cun obradoiro de Hamma Beads de terror, para decorar a biblio e inspirar un pouco terros entre os que nos visita.
Estas figuriñas fanse xuntando pequenas doas de goma colacados seguindo un patrón xeométrico que, tras derreterse con calor, deixan ver unha figura ben orixinal. Cal vos gusta máis?Ademais, os nosos voluntarios e voluntarias máis creativas deixaron a Biblioteca a cargo de Jack Skellington e da Noiva Cadáver. Parecen talmente saídiños da película.
Non faltaron as tumbas, as pantasmas e as cabazas, que ambientaron o espazo para estas datas.