O luns 29 de abril comeza o I Concurso de resolución de problemas matemáticos.
Anímate a participar!
28/04/19
19/04/19
RECOMENDA UNHA LECTURA O DÍA DO LIBRO!
Aproximadamente un tercio do alumnado do IES Melide, con representación de case todas as ensinanzas e niveis que se imparten no centro, participou nesta iniciativa da biblioteca. Agradecémosllo a todos e cada un del@s!
Coas súas achegas montamos esta presentación que pode inspirarnos, se non a tod@s , cremos que a moit@s de nós, na elección das nosas próximas lecturas, pois quedou unha mostra na que teñen cabida moitos gustos e intereses. As temáticas son moi variadas, hai literatura xuvenil e non tan xuvenil, hai clásicos, e, se ben é certo que a maioría das propostas son novelas, tamén hai algo de cómic, de manga, de poesía e teatro. Tamén un ensaio e unha revista.
Animámosvos a botarlle unha ollada! Ademais a maioría dos libros recomendados témolos na biblioteca (e dos que non temos exemplares xa tomamos nota). Por iso invitámosvos, especialmente estes semanas entre o Dia do Libro e o Día das Letras, a pasar e ler!
Moitísmas grazas de novo ós participantes e, tal como se indica ó final da presentación, se queredes facer máis suxestións, enviade as vosas recomendacións a través do blog da biblioteca ou entregádeas persoalmente na biblioteca, e serán engadidas a esta presentación.

25/03/19
OBRADOIRO DE RADIO
O martes 13 de marzo levouse a cabo o obradoiro de radio impartido por Lucía Abarrategui, de Laboratorio de Radio, para o alumnado de 2º de ESO, dentro do programa Radio na Biblio. Durante seis sesións o alumnado achegouse á linguaxe radiofónica abordando todo o proceso que implica a creación dun podcast (guión produción e gravación). Os podcasts produtos finais deste obradoiro serán colgados en Falamelide.
20/03/19
15/03/19
8 M: EXPOSICIÓN" CEN MULLERES GALEGAS"
Celebramos
o 8 de marzo, Día da Muller, coa montaxe
por parte do alumnado de FP Básica I, da exposición do Consello de Cultura
Galega Cen Mulleres Galegas, como homenaxe a todas as pioneiras galegas, as mulleres que souberon
saltar as barreiras e esixir os mesmos dereitos dos que gozaban os homes, e como
unha maneira de dar a coñecer a unhas referentes que a historia tradicional
nos tivo agochaadas.
Ó redor desta exposición, organizamos un
concurso cuxas bases podes ler a continuación:
CONCURSO
ROSCO “CEN MULLERES GALEGAS”
1.- Quen pode
participar?
Todo o
alumnado do IES de Melide
2.- Onde
está o Rosco?
No entrada principal do centro. Tamén podes descargar as preguntas do blog da
biblioteca (http://biblomelide.blogspot.com/)
3.- Como
é a dinámica do concurso?
Colle
unha papeleta no taboleiro onde está o rosco, ou descárgaa do blog da biblioteca, e cúbrea coas túas respostas (atoparalas todas, salvo unha, se les con atención os
paneis da exposición “Cen Mulleres Galegas”, organizada polo alumnado de FP Básica I).
Unha
vez cuberta, deposítaa no “buzón” que hai na mesa do profesorado da biblioteca.
Non
esquezas poñer o nome e o grupo no que estás.
4.- Cando
remata o prazo do concurso?
O venres 26 de abril.
5.- Cantos premios hai e que criterios se teñen en conta para
concedelo?
Haberá un
único premio para aquela persoa que obteña o maior número de respostas
correctas. En caso de que haxa empate, valorase a correcta ortografía e, se aínda
así o empate persiste, elexirase unha ó chou.
6.- Cando
é a entrega do premio?
Á volta
de vacacións de Semana Santa nunha data a determinar.
7.- Cal é
o premio?
Algo que
seguro che vai gustar
A continuación, os enlaces para descargar as preguntas e as papeletas de resposta:
Preguntas: https://drive.google.com/file/d/1QmaJWgcX-AewcgR64BVeG6g2x-Pzmg7S/view?usp=sharing
Respostas: https://drive.google.com/file/d/1XMONFuLiryx4k90ksVYf-PWQtxhcNPBs/view?usp=sharing
Preguntas: https://drive.google.com/file/d/1QmaJWgcX-AewcgR64BVeG6g2x-Pzmg7S/view?usp=sharing
Respostas: https://drive.google.com/file/d/1XMONFuLiryx4k90ksVYf-PWQtxhcNPBs/view?usp=sharing
24/02/19
24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O venres 22 de febreiro, o IES de Melide uniuse á convocatoria da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega para conmemorar o Día de Rosalía de Castro coa lectura dun manifesto no que queda patente a vixencia das demandas feitas por Rosalía ante as inxustizas socias que se vivían no século XIX. Pancartas con algúns dos seus versos poderían estar presentes en moitas das manifestacións de hoxe en día.
Pulsa aquí para ler o manifesto.
Durante o recreo puidemos escoitar poemas de Rosalía de Castro musicados por diferentes grupos de pop e rock galegos.
MAN-FESt-ACCIÓN polo Día de Rosalía de Castro by Slidely Slideshow
22/02/19
22 de febreiro: ENCONTRO LITETARIO CON LEDICIA COSTAS
Desde o departamento de Lingua e Literatura Galega e a biblioteca Xaquín Yebra, xestionamos a solicitude do programa Encuentros Literarios 2019 da Subdirección General de Promoción del Libro, la Lectura y la Letras Españolas. Estre programa consite nunha charla coa autora elexida sobre unha das súas obras, seguida dun coloquio co alumnado.
A nosa solicitude foi atendida e hoxe venres 22 deste mes contamos coa presencia de Ledicia Costa no noso instituto para intercambiar impresións sobre o seu libro "O corazón de Xúpiter" co alumando de 2º de ESO.
Encuentro literario do alumnado de 2º ESO con Ledicia Costas by Slidely Slideshow
21/02/19
21 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
O Día Internacional da Lingua Materna foi
proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase
anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o
plurilingüismo e a diversidade cultural.
A lingua materna é aquela en que os nenos
aprenden a falar e a relacionarse co seu contorno máis próximo. A UNESCO quere
impulsar o coñecemento e a práctica das linguas maternas de menos falantes
tamén na escola, nos medios de comunicación, na internet... fóra dos ámbitos en
que moitas delas quedan recluídas. O Día Internacional da Lingua Materna
estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función
vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a diversidade e o diálogo
intercultural, así como o fortalecemento da cooperación e a consecución da
educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento
integradoras e a preservación do patrimonio cultural.
E nós, no IES de Melide celebrámolo así:
Sonia Iglesias Castro de Slidely by Slidely Slideshow
11/02/19
11 de febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
No traballo de fin de máster en Formación de Profesorado de Educación
Secundaria pola Universidade de Cantabria durante o curso académico 2016-2017 de
Inmaculada Gutiérrez Pereda ,Mujeres
inventoras , mujeres ingenieras. Female inventors, female engineers, queda patente a escasa ou nula
presencia das mulleres inventoras do pasado e do presente nos libros de texto
de tecnoloxía. Na Comunidade Valenciana, na análise feita destes libros entre
os anos 20108 e 2011, só aparecen os nomes de Ada
Byron e Grace
Murray Hopper. Nos libros de tecnoloxía da ESO máis actuais comprobouse que
non se fixo efectiva nin a incorporación de científicas nin de inventoras (menor
do 1% o número de inventoras nomeadas, e inferior ó 5% as imaxes mostradas das
mesmas). Puidose tamén constatar que non
aparecen nos libros de historia da tecnoloxía, e nos de patentes, as súa presencia
é moi reducida .
Este
traballo aborda e analiza distintos estudios realizados por diversos autores
que avalan a necesidade de crear materiais didácticos novos para sacar do
esquecemento as figuras inadvertidas e ocultas de mulleres inventoras. Desta forma auméntase o interese das rapazas cara a tecnoloxía, e reafírmase a súa autoestima e confianza, incrementándose o seu rendemento escolar.
Desde
a biblioteca queremos contribuír a visibilización destas mulleres coa formulación
do xogo “Cada ovella coa súa parella”, no que hai que asociar a cada unha das
mulleres inventoras da nosa selección co
seu invento, cuxa imaxe aparece no póster ou unha pista visual sobre este.
Anímate
a participar cubrindo a táboa que se adxunta no enlace coas
túas respostas. Tamén a través da suxestión doutras inventoras que poderían
completar o noso póster a través do blog ou no taboleiro da biblioteca.
Enlace para cubrir o cuestionario.
03/02/19
HOLOCAUSTO: LECTURAS E PELÍCULAS
A continuación, unha escolma de novelas, cómics e películas sobre o holocausto que podes atopar na biblioteca.
27/01/19
DÍA INTERNACIONAL EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO
O 27 de xaneiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL EN MEMORIA DAS
VÍTIMA DO HOLOCAUSTO E A PREVENCIÓN DOS CRIMES CONTRA A HUMANIDADE.
Na biblioteca sumámonos a esta conmemoración cunha mostra de
libros e películas sobre o Holocausto. A mostra complétase coa magnífica exposición Autschwitz, a necesidade de lembrar elaborado pola Biblioteca Antón Losada Diéguez (A Estrada),
e cunha escolma de poemas e debuxos d@s
nen@s do campo de concentración de Terezín feita desde a nosa biblioteca.
Ó longo desta semanas publicaranse neste blog unha entrada coa escolma de libros e películas sobre o holocausto que forman parte da mostra que atoparedes a partir de mañá na biblioteca.
Se queredes saber máis do Holocausto, ademais da wikipedia tedes unha información ampla e rigorosa na páxina de UNITED STATES HOLOCAUSTMEMORIAL MUSEUM, na do YAD VASHEM (museo do holocausto en Israel) ou na páxina da USC Shoah foundation (fundación creada por Steven Spielberg para gravar testemuñas de sobreviventes e testemuñas do holocausto).
Na páxina
LECTURASDELHOLOCAUSTO.COM poderedes atopar unha selección amplísimas de libros e
películas sobre o holocausto, o contexto histórico no que se produce, a Europa de
entreguerras, etc ordenados por temas e comentados.
16/12/18
AGASALLA UN PRÉSTAMO ESTE NADAL
SEGUE O CONSELLO DO APALPADOR
AGASALLA A LECTURA DUN LIBRO
OU O VISIONADO DUNHA PELÍCULA
DA BIBLIOTECA!!!
1.- Escolle un libro ou DVD da biblioteca pensando na persoa á que queres agasallar.
2.- Este libro ou DVD SERÁ REXISTRADO NO SISTEMA DE PRÉSTAMO Ó TEU NOME.
3.- O PRAZO DE DEVOLUCIÓN REMATA O LUNS 14 DE XANEIRO.
4- A semana que vén (do 17 ó 21 de decembro) podes achegarte á biblioteca a envolver ou adornar os teus agasallo- préstamo de forma económica e ecolóxica (con xornais, partituras, mapas ou calendarios vellos, papeis usados, lazos, ...)

04/12/18
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE CARTEIS POLO 25 N
Este é o primeiro ano que convocamos un Concurso de carteis polo 25 N, carteis nos que imaxes e lemas tiñan que xirar en torno a violencia contra as mulleres, ou ben a non violencia ou como debe ser un bó trato en calquera relación. Aínda que non foron moitas as persoas participantes, estamos moi contentas coas calidade dos traballos presentados.
Parabéns as persoas gañadoras e moitas grazas as todas as participantes!!!
Parabéns as persoas gañadoras e moitas grazas as todas as participantes!!!
30/11/18
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía converteron os corredores do noso centro, durante o recreo, nun concorrido laboratorio no que brillantes científicos de 1º e 3º de ESO e de 1º de Bacharelato, realizaron os seguintes experimentos:
Programa do Día da ciencia en galego2018
O alumnado de 4º de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas elaborou coaborativamente a seguinte presentación sobre Arquímedes, científico homenaxeado este ano:
O alumnado de 4º de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas elaborou coaborativamente a seguinte presentación sobre Arquímedes, científico homenaxeado este ano:
25/11/18
23/11/18
ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME LITERARIO " RELATOS TERRORÍFICOS" SAMAÍN 2018
Como en anos anteriores, desde Vicedirección, Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, o departamento de Lingua e Literatura Galega e a Biblioteca, fixemos unha convocatoria do Certame Literario "Relatos Terroríficos" para o alumnado de 1º e 2º de ESO polo Samaín.
Este ano recibimos moitos relatos e a decisón de seleccionar só tres non foi nada doada. Menos mal que contamos coa inestimable axuda do alumnado de Literatura Galega do século XX que fixo de xurado. Queremos agradecerlle o seu difícil labor e esperamos contar con eles noutros certames.
Tamén queremos darlle as gracias ao profesorado de Lingua e Literatura Galega de 1º e 2º ESO por animar ao seu alumnado a participar neste concurso.
Parabéns ás gañadoras!!!
Primeiro premio: Os irmáns Morgan, de Belén Agra Parrado (2º ESO)
Segundo premio: Voces, de Omaira Vidad Vidal (2º ESO)
Terceiro premio: Unha mensaxe para Uxía, de Saínza Rúa Gómez (1º ESO)
E para finalizar, estes son os relatos. Morrede de medo coa súa lectura!!!

06/11/18
28/10/18
14/10/18
DÍA DAS ESCRITORAS
O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida por la Biblioteca Nacional de España coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas que, desde o ano 2016, busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.
A Biblioteca Xaquín Yebra do IES de Melide súmase a a esta iniciativa facendo unha selección de escritoras cuxa obra literaria podedes atopar entre os seus fondos.
No taboleiro enfrente da biblioteca están os seus nomes, as súas imaxes e o título dun dos libros de cada unha delas. Propoñémosche un reto: unir cada imaxe co seu nome e o libro que escribiu.
Entra na biblioteca, bota unha ollada a mostra bibliográfica que temos preparada para esta conmemoración e aproveita para levar un libro escrito por unha muller.
Por outra banda, somos moi conscientes de que esta lista está viva e debe seguir ampliándose, polo que iremos aumentándoa coas vosas propostas.
E para ti, que escritora non debería faltar na nosa selección? Deixa nesta entrada as túas suxestións e un comentario contándonos que libro levas a casa para conmemorar o Día das Escritoras.
E para ti, que escritora non debería faltar na nosa selección? Deixa nesta entrada as túas suxestións e un comentario contándonos que libro levas a casa para conmemorar o Día das Escritoras.
30/09/18
16/09/18
BENVIDAS!
A biblioteca do IES
de Melide Xaquín Yebra davos a benvida ó novo curso a todos os membros da comunidade
educativa, e espera a vosa valiosísima colaboración e
participación na proposta e desenvolevemento das actividades que levaremos a
cabo neste curso 2018-19.
E sen perder máis
tempo, comezamos coa primeira! Unha sopa de letras na que intentamos recoller aquilo que pretendemos que a Biblioteca do noso instituto aporte a cada unha das súas usuarias. Seguro que se nos quedaron cousas no tinteiro. Se caes na conta dalgunha, non tes máis que dicírnolo, tal como se indica abaixo.
Sopa de letras: BIBLIOTECA ESCOLAR PARA...
Podes descargar aquí a sopa de letras:
https://drive.google.com/file/d/1uffW9AMdvi8j_GLEvylJgq8F7-gJTwCA/view?usp=sharing
Podes descargar aquí a sopa de letras:
https://drive.google.com/file/d/1uffW9AMdvi8j_GLEvylJgq8F7-gJTwCA/view?usp=sharing
25/06/18
A PRESENZA FEMININA NO RUEIRO DE MELIDE
O alumnado de 3º de ESO de Xeografía e Historia colleu un rueiro da vila de Melide e contou o nome de rúas con nome de muller: só 15. Tamén fixo un traballo de investigación sobre cada unha destas mulleres: Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Maruja Mallo, ...
Propuxeron ao Concello mulleres relevantes, preferiblemente da Terra de Melide ou de Galicia, para darlle nome ás rúas e prazas de Melide.
Este traballo iniciouse no mes de marzo, dentro do programa de actividades para a conmemoración do Día Internacional da Muller, co obxectivo de visibilizar a escasa presenza das mulleres tamén nas nosas rúas, e reividincar o seu papel fundamental na educación, literatura, artes, política, .... Está presente, de novo, o tema de traballo deste curso da biblioteca: Anómim@s.

MÚSICOS ANÓNIMOS
Aquí temos un traballo máis relacionado co tema deste curso da biblioteca: Anónim@s. O alumnado de 2º ESO investigou sobre a existencia de familiares, coñecidos, veciños, amigos, ... que tiveran algunha vinculacion coa música ( tocar algún instrumento, cantar, facer instrumentos, pertencer a algunha agrupación musical), buscou unha foto de cada unha desas persoas e elaborou unha pequena biografía na que quedaba patente a súa relación coa música.
Presentaron o resultado do seu traballo nun pentagrama situado no corredor de 2º . Unha orixinal maneira de dar a coñecer ás persoas que tiveron e teñen un papel fundamental no legado musical da Terra de Melide.

MOBLES ANÓNIMOS
Velaí o traballo do Ciclo de Madeira relacionando co tema de traballo deste curso na biblioteca Anonim@s. Nel recóllense historias de mobles antigos, algúns herdados, que que forman xa parta da nosa vida, ben porque están na nosa casa, ben porque coñecemos o seu pasado.
Fronte a estes mobles, realizados todos eles por ebanistas e carpinteiros descoñecidos, aparecen outros mobles, modernos e de deseño, que si teñen "nome" e incluso podemos ver a imaxe do seu creador ou creadora. Estilos moi diferentes, pero unha mesma función: vestir as nosas casas, gardar as nosas cousas ou, o máis importante, facer a nosa vida máis cómoda.

19/06/18
BOAS LECTURAS E BOAS VACACIÓNS!
Co gallo do seu peche de verán, a Biblioteca Xaquín Yebra do IES de Melide non quere que ninguén se quede sen lecturas
para gozar nos longos días estivais. Por iso cada usuario pode levar ata un máximo de 25 recursos (pelis, cómics, música, novelas, ...) ata a primeira semana do curso 2018-19.
Queremos que en verán os libros non se queden
na biblioteca, senón que podan ser lidos durante eses días por os nosos
usuarios, así que, animádevos a escoller as vosas lecturas de verán!
11/06/18
POETÍZATE EN GALEGO
O alumnado de Literatura Universal e Artes Escénicas de 1º de Bacharelato deleitounos a finais de maio cun maravilloso recital de poesía en galego.
Este recital comezou cunha pequena mostra do panorama poético actual en Galicia coa escolma de seis mulleres poetas, galegas e novas: Alicia Fernández, Andrea Nunes, Berta Dávila, Lara Dopazo, Oriana Méndez e Celia Parra.
Na segunda parte, o alumnado carcaterizouse e recitou unha escolma de poesía universal desde a antigüedade ata o século XX en galego.
Agora comparten con todos nós , a través deste enlace. a presentación elaborada por eles cos poetas e poemas escollidos para o recital:
POETÍZATE! EN GALEGO!

07/06/18
MAGNÍFICO AGASALLO
Na semana pasada, na biblioteca Xaquín Yebra recibimos a visita de Marta Sánchez Villarabide, exalumna do IES de Melide, que viña taernos un agasallo precioso: o primeiro CD do seu grupo, Cuarta Xusta, cunhas fermosas dedicatorias de tod@s @s seus compoñentes.
O grupo Cuarta Xusta estreouse no 2016 no festival Presume de Galego, que organiza o ENL do IES de Melide e que xa está institucionalizado como evento cultural que se celebra o último venres de xaneiro.
Ademais de Marta (violín), o grupo está formado por Aida López Costa (voz), tamén exalumna do IES de Melide, Alba Vilariño Silva (baixo), Lúa Aguete (batería) e Alberto García Diéguez (guitarra). Comezaron versioneando temas, pero conseguiron crear temas propios e gravar o seu primeiro traballo, Un novo espertar.
Para o ENL e a biblioteca do IES de Melide é unha honra ter aportado o noso gran de area para que este grupo saíse adiante. Resultados tan brillantes como este anímannos a seguir convocando máis festivais e seguir fomentando a música en galego.
Deixámosvos cun dos temas deste traballo que Cusrta Xusta interpretou no programa Luar da TVG. Os nosos máis sinceiros parabéns, quedamos convertido@s en fans incodicionais.
28/05/18
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)