24/10/16

CERTAME LITERARIO "RELATOS TERRORÍFICOS SAMAÍN 2016" E CONCURSO DE EPITAFIOS "RIP, RIP, HURRA!"

A VICEDIRECIÓN, A BIBLIOTECA, o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA e o DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA do IES de Melide, convocan:
- O certame literario "Relatos terroríficos Samaín 2016" para o alumnado de 1º e 2º ESO.
- O  concurso de  epitafios "RIP, RIP, HURRA!" para o alumnado de 2º e 3º ESO, 1º e 2º de Bacharelato, ESA, EBI, FP Básica e Ciclo de Madeira.
Aquí tes as bases:

“RELATOS TERRORÍFICOS SAMAÍN 2016”
BASES:
1.     Poderá participar no Certame todo o alumnado de 1º e 2º ESO.
2.    Os relatos presentados deberán ter un carácter “terroríficamente aterrador” e estar relacionados co momento do Samaín.
3.    As obras presentadas deberán estar escritas en lingua galega.
4.    A extensión dos traballos a presentar é libre.
5.    Os traballos, nos que se farán constar os datos do/a autor/a, deberán presentarse na Biblioteca.
6.    prazo de entrega comeza o luns 24 de outubro e remata o xoves 27 de outubro no recreo.
7.    xurado estará composto por representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente do Centro.
8.    Os premios serán entregados nun acto que terá lugar o 28 de outubro na Biblioteca.
9.    PREMIOS:
Haberá premios para o primeiro, segundo e terceiro seleccionado, aos que lles corresponderá:
1º Premio:Tres semanas de bocatas gratis na cafetería do centro e un libro de temática terrorífica.
2º Premio: Dúas semanas de bocatas gratis na cafetería do centro e un libro de temática terrorífica.
3º Premio: Unha  semana de bocata gratis na cafetería do centro e un libro de temática terrorífica.

"RIP, RIP, HURRA!!”
BASES:
1.     Poderá participar no concurso  calquera alumno ou alumna do centro de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato, ESA, EBI, FP Básica; Ciclo de Madeira.
2.    A participación será individual. Os  textos deben ser orixinais e inéditos.
3.    Valorarase que sexan enxeñoso, pero non poden ser ofensivos nin incluír groserías.
4.    Os traballos poden presentarse en diversos materiais (cartulina, cartón, poliexpán…) ou outros materiais reciclables, pero procurando imitar unha lápida (campa) . As  dimensións non  podrán exceder de DIN-A3 ou DIN-A4.
5.    Os epitafios deberán estar escritos en lingua galega.
6.    Os traballos, nos que se farán constar os datos do/a autor/a, deberán presentarse na Biblioteca.
7.    O prazo de entrega comeza o luns 24 de outubro e remata o xoves 27 de outubro no recreo.
8.    O xurado estará composto por representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente do Centro.
9.    Os premios serán entregados nun acto que terá lugar o 28 de outubro na Biblioteca.
10. Categorías:
Epitafio ( valorarase, especialmente, o texto )
         Lápida ( valorarase especialmente o deseño )
11.  Premios::
Haberá tres premios por categoría, en forma de vales, e que poderán trocarse    en calquera librería de Melide.




23/10/16

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Desde  1997, cada 24 de outubro conmemórase  0  Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo incendiada en  1992 durante a  Guerra dos  Balcáns . Esta conmemoración naceu para trasladar á  opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos  lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
                Ao longo da presentación que amosamos a continuación, recollemos exemplos de bibliotecas alternativas. Independentemente do tipo ou do motivo, todas se encadran na categoría do diferente. Pero, no fondo, todas teñen algo en común: levar a información a todos os que a queren consumir. 

Esta é unha presentación aberta. Se coñeces algunha iniciativa de achegamento da palabra á xente que quere ler , semellante ou diferente a estas, cerca ou lonxe de aquí, actualmente ou no pasado, fáinola chegar a través  dun comentario  a esta entrada  e engadirémola a este traballo.

17/10/16

DÍA DAS ESCRITORAS

Este ano celébrase por primeira vez o “Días das Escritoras”, unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España, a  Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarais (FEDEPE) e a Asociación  Clásicas e Modernas para a igualdade de xénero na cultura.
 Como data de celebración elexiuse o primeiro luns seguinte á festividade de Teresa de Jesús, que se conmemora o 15 de outubro.
 Con esta celebración “búscase reivindicar o labor e a  traxectoria das escritoras tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da  historia”.
 Pola nosa parte, unímonos a esta iniciativa facendo a presentación dos últimos libros das escritoras  Ledicia Costa, Cassandra Clare e J.K. Rowling,  xunto a  unha breve reseña delas, e rescantando un monográfico sobre mulleres galegas escritoras publicado na Revista das Letras  no ano 2007. Forman parte deste monográfico Lupe Gómez, Eva Pedreira, María Reimóndez, Marilar Aleixandre, Ana Romaní, Xohana Torres, Pilar Pallarés, Eva Veiga, Marica Campo, Medos Romero, Marta Dacosta, Rosa Aneiros, María do Cebreiro, Chus Pato, Helena de Carlos, Olga Novo e Carmen Blanco. Cada escritora escolle á seguinte explicando as razóns da súa elección. 


E O NOBEL FOI PARA DYLAN

Neste novo curso estreamos o blog, que non as actividades!, celebrando o Premio Nobel de Literatura concedido Bob Dylan, cantautor consagrado no seu país, EEUU, e no mundo enteiro. Esta decisión da academia sueca causou sorpresa e controversia, mentres uns celebramos que os tempos estean cambiando, como o propio autor anticipaba xa en 1964 co seu tema The Times They Are Chanching, outros rásganse as vestiduras indignados. Todo isto sérvenos para facer algunhas pequenas reflexións.

  • A orixe da poesía está intimamente ligada á música. A poesía lírica xurde na antiga Grecia e toma o seu nome de "lira", pequena arpa coa que se acompañaban os poetas cando cantaban os seus poemas aos seus amigos e compañeiros de banquete. O obxectivo era comunicar os seus sentimentos nun tono máis íntimo e persoal que a épica.
  • O feito de que a arte, sexa literatura, artes plásticas, música... chegue ás masas non ten que ser necesariamente en detrimento da súa calidade. A novela de B. Pasternak Doctor Zhivago foi un best-seller cando se publicou en 1957, o que puido forzar á academia sueca a concederlle o Nobel en 1958. Nalgúns casos concédese o Nobel para dar a coñecer a obra de alguén e noutros, polo contrario, o Nobel é un recoñecemento
  • É indiscutible o papel da música na revolución cultural dos anos sesenta e Bob Dylan é un dos músicos máis representativos da canción protesta.
Pero para todos aqueles/as que lles pareza un desagravio este galardón é necesario que teñan en conta que a academia sueca non é infalible, non hai máis que fixarse nuns cantos premios Nobel da Paz e en moitos literarios que quedaron no olvido.
Deixámosvos aquí cunha das máis famosas e fermosas cancións de Dylan, Blowin' the wind, subtitulada en español e portugués para que poidades apreciar a fermosura do texto.

28/06/16

FELICES LECTURAS!

Deixamos atrás un longo curso e, chegado o momento de rematalo, só nos queda desexarvos un verán cheo de... felices lecturas!!!


FELICES LECTURAS! by Slidely Photo Gallery

24/06/16

LE TARTUFFE

@s alumn@s do Departamento de Francés despediron o curso cunha marabillosa representación de Le Tartuffe, de Molière, o pai da Comédie Française, baixo a dirección da nosa compañeira Anabel.
Noraboa a tod@s!


LE TARTUFFE by Slidely Photo Gallery

03/06/16

PARAÍSO LARANXA



Este martes, 31 de Maio, tivemos ocasión de asistir, no auditorio da casa da Cultura de Melide, á magnífica representación teatral “Paraíso Laranxa”, a cargo do CPM (Consorcio para a Promoción da Música no IES de Melide), o Conservatorio Profesional de Música de Santiago e Teiroa Teatro. Tamén participou o grupo "@REcortados", formación que nace dentro da materia de música do noso Centro como práctica real de agrupación instrumental.
O CPM é un grupo de traballo do alumnado de música de 1º de Bacharelato que se constitúen nunha corporación ficticia como traballo de aula co obxectivo de facer unha práctica real dun proxecto de xestión cultural en todos os seus pasos.
Levantemos un momento o telón...


PARAÍSO LARANXA by Slidely Photo Gallery

30/05/16

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME LITERARIO "DÍA DAS LETRAS 2016"



O pasado venres 27, durante a celebración do Corremelide-2016,  tivo lugar a entrega de premios do Certame Literario “Día das Letras 2016”.
Estes foron os gañadores e gañadoras dos diferentes concursos:

CONCURSO DE MANIFESTOS:
CATEGORÍA 3º e 4º PRIMARIA:  Víctor, Sergio, Martín, Bruno e Álvaro (4º Primaria, C. P.  Mestre Pastor Barral)
CATEGORÍA  5º e 6º PRIMARIA:  Iago García (5º Primaria, C.  P.  nº 1)
CATEGORÍA  1º e 2º ESO: Lara Méndez e Lucía Núñez (1º ESO B)
CATEGORÍA  3º, 4º e 1º BACHARELATO: Deserto.

CONCURSO DE CALIGRAMAS:
CATEGORÍA 3º e 4º PRIMARIA: Manuel García, Héctor e Kiran (3º Primaria, C. P.  Mestre Pastor Barral)
CATEGORÍA  5º e 6º PRIMARIA:  Borja García Mella (5º Primaria, C. P. nº 1)
CATEGORÍA  1º e 2º ESO: Deserto.
CATEGORÍA  3º e 4º ESO: Hilda Mosteiro (4º A) e Iria Barreiro (4º A)

CONCURSO DE POESÍA:
-          Iago García (1º ESO A)
-          Iria Barreiro (4º ESO A)

CONCURSO DE NARRATIVA:
-          Carolina Sánchez (1º ESO A), polo seu relato: “Un soño por cumprir”
-          Sara Taboada (4º ESO A), polo seu relato: “Sen acender a luz”

PARABÉNS A TODOS E A TODAS OS PARTICIPANTES!

27/05/16

RELATORIO-RECITAL DE NOVOS VALORES POÉTICOS GALEGOS



Este mércores, o Departamento de Lingua e Literatura Galega organizou no noso Instituto un relatorio-recital de novos valores poéticos galegos coa presenza de Mª Xosé Fernández, Teresa Ramiro e Antom Laia. Aquí recollemos algúns dos momentos cos que nos agasallaron:



 Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery