Con motivo da celebración do Día da Paz o alumnado creou micropoemas con imaxe.
Ademais da participación, puidemos observar a súas habilidades gráficas e plásticas
Con motivo da celebración do Día da Paz o alumnado creou micropoemas con imaxe.
Ademais da participación, puidemos observar a súas habilidades gráficas e plásticas
Canda a Candeloria chegou Emma Pdreira para falarnos dos "amores prohibidos", para lembrarnos que o verbo AMAR conxúgase así, en maiúsculas e a toda cor, coma o espazo da radio, coma a entrevista que lle fixo Lúa, de 4ºESO A.
Accede dende aquí ao contido da entrevista: https://acortar.link/8z3NsM
Empezamos cunha conferencia a cargo de Pedro, do observatorio Ramón Mª Aller, na que nos puxo en antecedentes do que íamos observar logo no patio.
Unha interesante introducción ó Sistema Solar e as estrelas e constelacións, que despois poderíamos ver no patio co telescopio, ou a simple vista, aproveitando un ceo despexado (eso sí, moi frío).
1º CICLO ESO:
-La sombra del gato y otros relatos
de terror,
Concha López Narváez
-La tejedora de la muerte, Concha López
Narváez
-Maxia de pedra, Alba de Evan e Xabier
Domínguez
-Mamá, quero ser ZiggyStardust, Iria Misa
-Ondjaki, Mia Couto
2º CICLO DE ESO e BAC:
-Os corpos invisibles, Emma Pedreira
-Poetízate, Fran Alonso
-O que sei do silencio, Andrea Maceiras
-Revolución detrito, Xosé de Cea
-Un elefante na sala de estar, Berta
Dávila
-Locos por los clásicos, Emilio del Río
-Astérix e Obélix, R. Goscinni, A. Uderzo
-Regreso al Edén, Paco Roca
-Ondjaki, Mia Couto,
-O mandarín, Eça de Queirós
- Um rio chamado tempo, uma casa chamada terra, Mia Couto
-Amor de perdiçao, Camilo Castelo Branco
PROFESORADO:
-Juana de Vega, a muller que desafiou
o seu tempo,
Emma Pedreira e Marilar Alexandre
-Non penses nun elefante rosa, Antía Yáñez
-Maestra de pueblo, Cristina Picazo
Mañana en la batalla piensa en mi, Javier Marías
-Quen non ten un avó fascista?, Inma
López Silva
- Virtudes ( e misterios), Xesús Fraga
- Lixeiro, Isamel Ramos
A VIAXE QUE CAMBIOU O MUNDO
O alumnado de 3º ESO A recreou o momento histórico correspondente ao 500 aniversario da 1ª volta ao mundo 1522-2022) de Magallaes e Elcano, cunha exposición e un acto conmemorativo. Para iso foi fundamental a colaboración do alumnado de Carpintaría e Moble do IES de Melide, que confeccionou unha reprodución da nao Victoria e colaborou na montaxe e exposición, situada na entrada do centro e no primeiro andar da biblioteca
E a viaxe continúa...
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
No noso IES manifestamos a repulsa á violencia machista ao longo deste día con actos que tiveron lugar en espazos diferentes:
-Na entrada do centro, cun taboleiro vestido de dó no que penduraron diferentes textos para poder ler e /ou traballar nas aulas
- No chan do corredor principal, en branco sobre negro, o alumnado leu a dor tendida de todas as mulleres no poema " Baldosas", de Carlos Negro
- Na biblioteca, coa lectura dun Manifesto contra a Violencia Machista
E mais coa dramatización: Sabes como me mola a min que me entres? a cargo do Club de Teatro de 4ºESO, cuxa resposta era ben contundente:
" Como se non existisen os puños".
Ás 12:00h gardouse un minuto de silencio para berrar alto por todas as que que non teñen voz.
Sabías que ....
... as proteínas da clara do ovo poden desintegrarse con vinagre en lugar de calor?
... que, como as plantas liberan osíxeno, a combustión dura máis e, polo tanto tarda máis en apagarse unha candea acesa?
... e que o volume dunha disolución pode aumentar nun 2500%.
E o noso club de prensa, recén estreado co alumnado de 4º A, entrevistou ao biólogo Antonio Castro Casal, que nos falou da súa paixón polos réptiles e aclarounos que hai de certo niso de "chorar bágoas de crocodilo".
Escoita:
No IES de Melide festexamos o Samaín, deixando a estación da luz para entrar na das tebras. E amencemos así: con arañeiras na entrada e pantasmas na escaleira:
E o expositor da biblioteca ateigouse de misterio e terror.