22/11/15

19 DE NOVEMBRO. DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA.



O Día Mundial da Filosofía celébrase todos os anos o terceiro Xoves de Novembro e ten como finalidade fomentar o pensamento crítico e independente.

"O pensamento filosófico é unha ferramenta que acompañou ao ser humano desde a súa aparición na terra e foi o elemento central para que este evolucionara e transformase a súa contorna ata chegar ao que hoxe é o noso planeta e todos os seus desenvolvementos. O pensamento filosófico permea a todos os seres humanos e inflúe nas súas actividades cotiás á marxe de que estes o saiban ou o ignoren. O pensamento filosófico foi e é o camiño cara a unha calidade de vida caracterizada pola plenitude e a satisfacción”.
                                                                                                            Estudo da UNESCO: "A filosofía, unha escola de liberdade"

Estas foron algunhas das actividades organizadas polo Departamento de Filosofía do noso Centro para celebrar este día:






        

19/11/15

CEN ANOS DE RELATIVIDADE

Tendo en conta que o 4 de novembro se celebra o día da ciencia e que en novembro de este ano tamén se cumplen 100 anos desde que Einstein publicou a teoria da Relatividade Xeral, o departamento de Física e Química decidiu facer un traballo sobre a obra de Einstein. Se fixeron tan só tres posters polo que foi preciso sintetizar moito a información dispoñible.Dividíronse en tres aspectos: A Física, A política e a sociedade e A vida procurando que fosen o máis didáctico e práctico posibles.

06/11/15

DESCUBRINDO O UNIVERSO


O MUNDO CIENTÍFICO by
Slidely Photo Gallery

4 DE NOVEMBRO. DÍA DA CIENCIA EN GALEGO



" (...) O universo tamén posúe, nas leis que o gobernan, unha beleza extraordinaria. Pero non é doado percibila: vai agromando ao longo da historia, grazas ao traballo de brillantes heroes e, ademais, está agochada para aquela persoa non formada cientificamente.
O descubrimento desa beleza foi un feito clave na vida das persoas que máis tarde decidiron traballar na ciencia. Marabilláronse con ela e comprenderon que tanto descubrila como crear con base nela son o meirande reto intelectual e unha fonte de pracer diferente. Afortunadamente, con ese proceso de descubrimento e creación melloraron as nosas condicións de vida. Un dos signos máis evidentes do avance humano é o seu progreso científico e tecnolóxico.
Cando un neno pequeno descobre algo que lle encanta, enseguida corre a dicirlles aos seus pais: “Mirade isto!”. Ese mesmo instinto é o que lanza a moitos científicos a divulgaren o seu coñecemento, a intentar que os que os rodean vexan o mesmo que eles ven. Ocorre, porén, que ás veces transmitir ese coñecemento non é trivial. Cómpre, polo tanto, un esforzo de axeitada tradución da ciencia para poderllo contar á maior cantidade de persoas.
Nese proceso, a lingua, como soporte das ideas, xogará un papel fundamental. O galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia.(...)"

                               Manifesto do científico Jorge Mira Pérez con motivo da celebración do Mes da Ciencia
 

Este curso, o noso Centro  celebrou o Día da Ciencia en Galego cunha gran variedade de actividades:

- O alumnado de 2º de BAC asistiu á videoconferencia “A máquina que constrúe a mente e a realidade”, a cargo de Xurxo Mariño Alfonso.

- O Departamento de Tecnoloxía  converteu os corredores do noso Centro, durante o recreo, nun concorrido laboratorio no que brillantes científicos realizaron experimentos de luz (2º ESO), lámpadas de lava (3º ESO), pilas con limóns (3º ESO) e experimentos de neumática (BAC), espertando a curiosidade de cantos por alí pasabamos. Ademais, deseñaron un tríptico conmemorativo do Día da ciencia en galego cunha reseña  da obra dos científicos aos que se dedica este ano: Christian Huygens, Max Plank, Carlos Gómez-Reino Carnota e Isidro Parga Pondal; e unha descripción dos experimentos feitos.

- Tamén, da man do Departamento de Ciencias Naturais, fixemos unha fermosa viaxe polo Universo co alumnado de 1º de ESO.
 
- Pola súa banda, o Departamento de Física e Química organizou a exposición “1915-2015. Cen anos de relatividade”, facendo un percorrido pola vida de Albert Einstein, a política e sociedade da época,  e as súas aportacións á Física.
 

03/11/15

SAMAÍN 2015



O Samaín é unha festa asociada ao ciclo anual do sol que  forma parte do Patrimonio Inmaterial de Galicia e o Norte de Portugal. De orixe celta, conmemoraba o final das colleitas e o inicio da estación escura. Do 31 de outubro ao 1 de novembro abríanse as portas entre este mundo e o alén, permitindo aos espíritos dos defuntos camiñar entre os vivos.
Foi na década dos 90 do século pasado cando o profesor Rafael López Loureiro e a Asociación Cultural Chirlateira se propuxeron recuperar aquela tradición de orixe celta que se estaba  a perder, e que tiña como trazos fundamentais o tallado de cabazas, o culto aos mortos e ao alén.
Así celebramos o Samaín no noso Centro: