Neste último día de xuño non podemos máis que desexarvos a todos e todas un verán cheo de lecturas! Os libros cargan as pilas teras un curso ás veces abafante.
Aquí tedes algunhas recomendacións que vos poden axudar a pasar a época estival.
Neste último día de xuño non podemos máis que desexarvos a todos e todas un verán cheo de lecturas! Os libros cargan as pilas teras un curso ás veces abafante.
Aquí tedes algunhas recomendacións que vos poden axudar a pasar a época estival.
As novidades na biblio sempre son ben recibidas, pero se ademais son así de fermosas e con tanto detalle aínda nos gustan máis. Neste caso temos un museo do corpo humano nas nosas mans. O Anatomicum fai unha viaxe polas centos e milleiros de partes que compoñen a engranaxe da máquina que nos mantén con vida e que máis debemos coidar: o noso corpo.
A autora é Katy Wiedman e pubícao a editorial Impedimenta. Na biblio tes á túa disposición ademais o Insectarium.
A nosa compañeira Clara non só sabe de letras. Tamén sabe facer arte cuns poucos fís. Ensinounos durante varios recreos a aprendernos a bordar con punto de cruz e saíron figuriñas verdadeiramente fermosas. Tedes na biblio, á vosa disposición, bastidores, tea e fíos para probar se o desexades!
A biblioteca do IES de Melide é un espazo multidisciplinar, no que podes ler, estudar, debuxar, conversar e tamén xogar.
Esta é unha das últimas incorporacións: O Slapzi, un xogo con múltiples modalidades que está a causar sensación. Xa o probaches?
O día do nacemento de Rosalía sempre é un día espcial. É por iso que este ano, para conmemorar o nacemento da nosa escritora nacional, inmortalizamos a lectura dos seus versos nun fermoso photocall, che de rosas e camelias. Por alí pasaron alumnos, alumnas e profesorado, porque non merece outra cousa ca un altar. Podedes ver aquí unha pequena mostra.
Coa entrada do mes de febreiro, xa se albiscan os primeiros paxariños na busca de boa compaña. Comezan a medrar os días e o sol combina moi ben con ventos frescos e mañás xeadas. Celebramos ese día que medio inverno vai fóra, e que apenas queda a outra metade.
Di a lenda que o día 2 de febreiro é o día no que casan os paxariños e nós celebramos esta data recordando os bicos máis emblemáticos da hsitoria da arte, do cine e da literatura. Saberías recoñecer a quen pertencen estas mostras de amor?
É ben sabido que cos libros podes viaxar a outros mundos, coñecidos e por coñecer, próximos ou máis afastados. Por iso, na Biblio do IES de Melide podes adquirir o teu pasaporte lector e selar aqules libros que te levaron a coñecer mundos xamais soñados.
Con cada selo, podes obter un pequeno agasallo; porque ler é iso, un agasallo.