
O pasado mércores 28 de outubro estivo no noso centro o autor vigués
Anxo Fariña, escritor e recoñecido debuxante. O motivo da súa visita foi presentarnos a súa colección de literatura xuvenil "
Os Megatoxos", ofrecendo unha conferencia ó alumnado de 1º de ESO ó que tentou explicar que todo pode ser literaturizable. Calquera lugar, calquera obxecto ou calquera persoa pode ser o inicio dunha gran historia, só debemos deixar voar a nosa imaxinación. Reincidiu no feito de partir do máis simple para, paulatinamente, ir chegando ó máis complexo á hora de poñernos a crear. Nas cousas máis insignificantes pode estar agochada unha gran historia. Ó longo da conferencia, o autor deixou tamén constancia dos seus dotes de
ilustrador, algo que lle apaixoa, e falou daquelo que lle serve de inspiración para elaborar o seu traballo.
Anxo Fariña é tamén autor de obras como "
Xabi non pode durmir", "
Os magos das formas" ou "
O ladrón de palabras" , entre outras. Na actualidade traballa como Director de Arte, deseñando en distintos campos e ilustra libros e cómics.
Ningún comentario:
Publicar un comentario