30/05/16

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME LITERARIO "DÍA DAS LETRAS 2016"



O pasado venres 27, durante a celebración do Corremelide-2016,  tivo lugar a entrega de premios do Certame Literario “Día das Letras 2016”.
Estes foron os gañadores e gañadoras dos diferentes concursos:

CONCURSO DE MANIFESTOS:
CATEGORÍA 3º e 4º PRIMARIA:  Víctor, Sergio, Martín, Bruno e Álvaro (4º Primaria, C. P.  Mestre Pastor Barral)
CATEGORÍA  5º e 6º PRIMARIA:  Iago García (5º Primaria, C.  P.  nº 1)
CATEGORÍA  1º e 2º ESO: Lara Méndez e Lucía Núñez (1º ESO B)
CATEGORÍA  3º, 4º e 1º BACHARELATO: Deserto.

CONCURSO DE CALIGRAMAS:
CATEGORÍA 3º e 4º PRIMARIA: Manuel García, Héctor e Kiran (3º Primaria, C. P.  Mestre Pastor Barral)
CATEGORÍA  5º e 6º PRIMARIA:  Borja García Mella (5º Primaria, C. P. nº 1)
CATEGORÍA  1º e 2º ESO: Deserto.
CATEGORÍA  3º e 4º ESO: Hilda Mosteiro (4º A) e Iria Barreiro (4º A)

CONCURSO DE POESÍA:
-          Iago García (1º ESO A)
-          Iria Barreiro (4º ESO A)

CONCURSO DE NARRATIVA:
-          Carolina Sánchez (1º ESO A), polo seu relato: “Un soño por cumprir”
-          Sara Taboada (4º ESO A), polo seu relato: “Sen acender a luz”

PARABÉNS A TODOS E A TODAS OS PARTICIPANTES!

27/05/16

RELATORIO-RECITAL DE NOVOS VALORES POÉTICOS GALEGOS



Este mércores, o Departamento de Lingua e Literatura Galega organizou no noso Instituto un relatorio-recital de novos valores poéticos galegos coa presenza de Mª Xosé Fernández, Teresa Ramiro e Antom Laia. Aquí recollemos algúns dos momentos cos que nos agasallaron:



 Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

17/05/16

DÍA DAS LETRAS 2016. MANUEL MARÍA



Manuel María Fernández Teixeiro. Figura de referencia no panorama literario galego. Poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega. Procurador, libreiro, narrador oral excepcional e gran rapsoda.
Cidadán do mundo comprometido coa política e o galeguismo. Amigo e contertulio de Luís Pimentel, Aquilino Iglesia Alvariño, Ramón Piñeiro, Uxío Novoneyra, Fermín Bouza Brey e Ramón Otero Pedrayo.


16/05/16

DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS


No ano 2000, declarado pola UNESCO Ano Mundial das  Matemáticas, instituiuse a celebración do día 12 de maio como Día Escolar das  Matemáticas pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM). A data elexida para esta celebración coincide coa do nacemento do insigne matemático Pedro Puig Adam, que foi o iniciador da didáctica das  matemáticas en España e que naceu o12 de maio de 1900.
Este ano, no IES Melide,  un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO acolleron de forma entusiasta a proposta do Departamento de Matemáticas de  combinar baile e e funcións, e nun tempo récord crearon  unha coreografía na que cada paso da mesma é a gráfica dunha función matemática feita co corpo . Para dala a coñecer  ao resto da comunidade educativa , montaron un vídeo  que comenza  coa explicación de  cada paso  e a función coa que está relacionada, e finaliza coa coreografía completa. O xoves 12 de maio fíxose unha convocatoria  á hora do recreo no ximnasio para bailar a ritmo de funcións, na que participaron alumnos de case todos os niveis,  e algún que outro profesor. O baile foi dirixido por alumnado de 4º de ESO,  ao que agradecemos a súa participación de forma desinteresada e fóra do horario lectivo no desenvolvemento desta actividade. Nós só puxemos a idea, e eles fixeron todo o resto.
Outras actividades que  empezamos  a semana do 12 de maio son:
-      Unha exposición de fotografía ou imaxes curiosas nas que queda patente a presencia das matemáticas na vida cotiá. É unha exposición aberta e calquera pode aportar a súa imaxe.
-      Un concurso de polinomios en 2º,31 e 4º de ESO e 1º de bacharelato cuxas finais por nivel e final entre os gañadores de cada nivel aínda están por realizar.

 

13/05/16

...E OS QUE NON ESTIVEMOS, QUIXEMOS SABER!



O que aprenderon sobre Irlanda e a súa cultura está á vosa disposición nas bandeiras de Irlanda xunto á biblioteca. Puro traballo de investigación!


Slidely by Slidely Slideshow