28/03/08

Feira Internacional de Anime - MANGA, MANGA e máis MANGA

Gústache o MANGA? Se es aficionado ao cómic, seguro que si. Para os que non o saiban, é un estilo de debuxo característico do Xapón (por certo, a palabra "manga" en xaponés significa algo así como "debuxo informal"; e o que fai manga é un "mangaka"), e para moitos é incluso unha maneira de ver a arte e a vida.

Pois hoxe abriu as súas portas a Feira Internacional de Anime (que vén significando o mesmo que "manga") en Tokio, con expositores de libros dunhas 300 compaías e ditoriais, e que o ano pasado xuntou a case 11.000 visitantes.


Se queres saber máis da feira, aquí a tes un pouco de información. E se che gusta debuxar ao estilo MANGA, bótalle un ollo a esta páxina (fai click aquí). Non ten desperdicio.

CATALOGANDO LIBROS NA BIBLIO

Nunha biblioteca é moi importante saber catalogar os libros para que outros teñan acceso a eles. Etse labor desempéñano normalmente os profes. Sen embargo, desta vez fixemos unha proba con alumnado de 4º de ESO, e o resultado foi excelente. Os protagonistas foron Carlota, Alba, Mari Carmen e David. Grazas a eles poidemos adiantar o moito traballo que os profes bibliotecarios teñen por diante. Graciñas!!

27/03/08

CLUB DE LECTORES

Non está nada mal! Asociar libros a pastas, galletas, e bo ambiente debería ser algo normal, cotiá. E iso decidimos facer dende o club de lectores: hoxe xoves xuntámonos na cafetería, expuxemos libros e cómic, e a desfrutar. A xente pasaba, comía unha pasta, e ollaba libros, e cando alguén se sentía seducido/a, pois collía o libro. Tan simple como iso. E tan estupendo! Verémonos outra vez dentro doutros quince días, para comentar os libros que levamos desta vez. Para comentar a xogada, coma se dun partido se tratase. Porque ler ten que ser, ante todo, desfrutar. E se o libro non nos gusta, deixámolo por outro, ata atopar o que realmente nos atrapa.

Quedades convidados/as a asistir ao noso club informal de lectores. Se xa vos gusta ler, xenial. Se non, pode ser que aínda non dérades co libro ideal. Pero existir, existe.



26/03/08

As mulleres na arte

Se queres facer un percorrido visual polas mulleres da pintura de todos os tempo, bótalle un ollo a este vídeo. Realmente paga a pena!!

video

17/03/08

EXISTE UNHA LITERATURA FEMININA?

Existe unha literatura feminina? Hai literatura de muller só cando escribe unha muller? Fan literatura de muller todas as mulleres que escriben? A estas preguntas (e a máis) responde Teresa Moure, unha das escritoras máis prolíficas das nosas letras. Se queres ler unha entrevista a unha das mellores narradoras galegas, visita o portal Prazadasletras, onde ademais poderás enterarte do último en literatura galega. Que o desfrutes!!

14/03/08

A MULLER EN FOTOS

Nun instituto de Narón (perto de Ferrol), no IES As Telleiras, organizaron hai uns anos unha compilación de fotos de mulleres das familias dos estudantes. Todas as imaxes amosaban diferentes profesións desempeñadas por elas: camareras, costureiras, telleiras,... Podedes botarlle un ollo ás fotos, a aos comentarios que fixeron delas os rapaces e rapaces que as aportaron facendo click aquí.

13/03/08

O DÍA DA MULLER

Dentro dos actos que se están a celebrar no noso centro arredor do día da muller, a biblioteca aportou unha escolma de poemas e letras de cancións alusivas a este tema en diferentes linguas. Un deles é unha canción de Tracy Chapman, "She's got her ticket". Aquí tedes a letra, e se queredes escoitala e ver o videoclip ao mesmo tempo, facede click na seguinte imaxe:

video

She's got her ticket
I think she gonna use it
I think she going to fly away
No one should try and stop her
Persuade her with their power
She says that her mind is made Up
Why not leave why not
Go away
Too much hatred
Corruption and greed
Give your life
And invariably they leave you with Nothing
Young girl ain't got no chances
No roots to keep her strong
She's shed all pretenses
That someday she'll belong
Some folks call her a runaway
A failure in the race
But she knows where her ticket takes her
She will find her place in the sun
Why not leave why not
Go away
Too much hatred
Corruption and greed
Give your life
And invariably they leave you with
Nothing
She's got her ticket
I think she gonna use it
I think she going to fly away
No one should try and stop her
Persuade her with their power
She says that her mind is made Up
And she'll fly, fly, fly...

12/03/08

BLACKSAD


Unha de cómic. Hai na nosa biblioteca un libro fascinante sobre un detective que investiga unha serie de crimes. Chámase BLACKSAD, e polo medio mestúrase o amor, a paixón desenfreada, as persecucións, a mafia, a policía, ... Atractivo, non? O curioso é que o protagonista é un gato. Pero despois de ler dúas páxinas xa nin te enteras de que todos ... TODOS os personaxes son animais. Porque o guión, a novela gráfica, é realmente unha fabulosa historia de novela negra. Anímate a botarlle unha ollada. Está, claro está, na sección de cómic. E tamén nas librerías, para os auténticos fans do medio Ah, e facendo click aquí podedes visitar a web da serie (porque en realidade son tres libros). Que o desfrutedes!

XTomás

Benvidos


Comezamos a nosa andaina este curso 2007-2008 dende este espazo do I.E.S. de Melide, a Biblioteca, co desexo de que sirva de lugar de comunicación en torno aos libros: lugar de debate, relato de experiencias, intercambios, descuberta doutros mundos ...en fin, todo o que nos pode ofrecer o marabilloso mundo da lectura que queremos compartir con todos os que vós acheguedes a estas páxinas.

Ocupará un sitio especial o Club de lectura, creado este curso .

Neste 2º trimestre o I.E.S. de Melide fixo distintas actividades para celebrar o 8 de
Marzo, Día da muller traballadora, entre elas, unha exposición de poemas e letras de cancións dedicadas a calquera perspectiva da vida feminina: maternidade, soidade, vida de parella, maltrato...